Alberte Mera
Quick Facts
Biography
Alberte Mera García, nado en Vigo o 9 de maio de 1987, é un xornalista, director e político galego.
Traxectoria
Licenciado en Comunicación Audiovisual (guión e dirección) pola Universidade de Vigo e de Santiago, especializouse con estudos de máster en comunicación e industrias creativas. Dirixiu as longametraxes documentais sobre procesos mobilizadores en Galiza: Clamor da Terra (2012) e Lume Novo (2013). Foi membro do grupo audiovisual Ollo de Vidro e actualmente traballa no eido da información, márqueting e comunicación dixital.
Foi responsábel dos CAF no campus de Pontevedra e de Galiza Nova, da que foi elixido secretario xeral o 18 de novembro de 2012, no marco da XII Asemblea Nacional. En 2016 foi elixido membro da Executiva do BNG. Deixou a secretaría xeral de Galiza Nova en novembro de 2016 e foi substituído por Alberte Fernández Silva.
Dirixiu no ano 2019 a longametraxe documental Reboiras. Acción e corazón (2020), que retrata a vida de Moncho Reboiras.
Como xornalista escribe en Nós Diario, traballou en Atlántico Diario e Xornal de Galicia e colabora con revistas como A Movida e Terra e Tempo.
Filmografía
- Clamor da Terra (2012)
- Lume Novo (2013)
- Reboiras. Acción e corazón (2020)
Publicacións
- "Fendetestas e a obra de Flórez como base para un cinema nacional nos anos 70". O home que quixo crear. Literatura, xornalismo e cinema na obra de Wenceslao Fernández Flórez (PDF). Vía Láctea Editorial. 2017. pp. 203–213. ISBN 978-84-89444-70-6.
Notas
- ↑ "O vigués Alberte Mera inicia a rodaxe da primeira longa sobre Moncho Reboiras". amovida.gal. 13-08-2019. Consultado o 07-08-2020.
- ↑ Daniel, Domínguez (21-02-2016). "Ana Pontón encabeza unha candidatura ao BNG que renova a menos da metade das súas caras". Faro de Vigo. Consultado o 07-08-2020.
- ↑ M. O. (26-10-2016). "Galiza Nova elixe Alberte Fernández Silva como novo secretario xeral". Sermos Galiza. Consultado o 07-08-2020.
- ↑ "A rodaxe do documental 'Reboiras. Acción e corazón' chega á súa fin". Nós Diario. 27-10-2019. Consultado o 07-08-2020.
- ↑ "Moncho Reboiras chega en agosto ao cinema". Nós Diario. 25-07-2020. Consultado o 07-08-2020.
- ↑ "«Reboiras, acción e corazón»: Na longa noite de Moncho". La Voz de Galicia. 14-08-2020. Consultado o 20-08-2020.