Alba De Evan Freijedo
Quick Facts
Biography
Alba De Evan Freijedo, nada en Vigo en 1987, é unha docente e escritora galega.
Traxectoria
Estudou a Primaria na cidade onde naceu, mais a Secundaria fíxoa no IES Blanco Amor de Ourense, onde comezou a interesarse pola escrita, participando en varios certames literarios.
Realizou a licenciatura de Historia e o Mestrado de Profesorado en Ourense. Exerce a docencia desde que se gradou.
Estreouse na literatura infantil ilustrada co relato A Superavoa de Antón, escrito co seu compañeiro Xabier Domínguez Pérez, e editado tanto en galego coma en castelán pola organización Meu Rei.
Tamén creou con Xabier Domínguez a serie Naturizo con temática medioambiental, que transcorre na Serra de San Mamede, dos que hai, ata o de agora, nove títulos publicados.
No ano 2020 fundouse Antela Editorial, dedicada á literatura infantil e xuvenil, da que é cofundadora e onde tamén exerce o papel de editora.
Continuando no eido do público infantil, ese mesmo ano publicou Fronteiras de papel (Antela Editorial), no que trata a problemática á que se enfrontan os migrantes na súa procura dun futuro mellor.Antela Editorial ten publicados sete títulos: Fronteiras de papel, Soños de Cajamarca, Sueños de Cajamarca (en castelán), Xa non son malo, O xigante de Magarelos, Elvira e O país da choiva.
No mes de maio do ano 2021 veu a luz a súa primeira novela xuvenil, Maxia de Pedra con Edicións Xerais de Galicia, escrita xunto con Xabier Domínguez, unha historia na que mestura actualidade e fantasía, con elementos históricos da historia antiga de Galicia coma a cultura castrexa. Tamén nese mesmo ano saíu en outubro A bruxa Selana (La bruja Selana na súa versión en castelán) con Edicións do Cumio, novela infantil (a partir de 8 anos) onde o centro da trama é a vida dunha pequena meiga da Galicia rural.
Obra infantil e xuvenil
Como autora
Con Xabier Domínguez
- A Superavoa de Antón (2017). Meu rei. Foi traducida ao castelán.
- Naturizo. Unha casa para o inverno (2017). Ediciones Linteo. 36 páxs. ISBN 978-84-945800-2-4.
- Naturizo. Un agasallo para Naturizo (2017). Ediciones Linteo. 36 páxs. ISBN 978-84-945800-3-1.
- Naturizo. Un perigo inesperado (2017). Ediciones Linteo. 40 páxs. ISBN 978-84-945800-4-8.
- Naturizo. Un cheiro picante (2017) Ediciones Linteo. 36 páxs. ISBN 978-84-945800-5-5.
- Naturizo. O retorno das flores (2017). Ediciones Linteo. 40 páxs. ISBN 978-84-945800-6-2.
- Naturizo. Un fogar para Marmelo (2018). Ediciones Linteo. 40 páxs. ISBN 978-84-947728-6-3.
- Narutizo. Onde está Lusco? (2019). Ediciones Linteo. 36 páxs. ISBN 978-84-120058-2-0.
- Naturizo. Lazos de amizade con peluche de Amelia (2020). Ediciones Linteo. 36 páxs. ISBN 978-84-120058-8-2.
- Fronteiras de Papel (2020). Antela Editorial. Ilustracións de David Lorenzo. ISBN 978-84-09-22034-2.
- Naturizo. O Camiño das estrelas (2021). Ediciones Linteo. ISBN 978-84-123801-2-5.
- A bruxa Selana (2021). Edicións do Cumio. Con Laura Cortés. 84 páxs. ISBN 9788482895475. Foi traducida ao castelán.
- Maxia de Pedra (2021). Xerais. Ilustracións de Eli García. 136 páxs. ISBN 978-84-9121-885-2. ePub: ISBN 978-84-9121-900-2.
- Miquits (2022). Antela Editorial. Ilustracións de Paula Cheshire. 56 páxs. ISBN 978-84-125452-0-3.
- A pulga espacial (2023). Edicións do Cumio. 84 páxs. ISBN 9788482896205. En castelán: La pulga espacial (2023), Edicións do Cumio, 84 páxs. ISBN 9788482896199.
- Naturizo. Unhas pegadas misteriosas (2023). Ed. Linteo. ISBN 978-84-123801-7-0.
- Segredos soterrados (2023). Vigo: Xerais. Ilustracións de Eli García. 120 páxs. ISBN 978-84-1110-334-3. ePub: ISBN 978-84-1110-352-7.
Notas
- ↑ "Alba de Evan Freijedo – Naturizo". Consultado o 2021-11-02.
- ↑ "«Naturizo busca implicar aos rapaces na problemática medioambiental»". La Voz de Galicia. 2018-09-28. Consultado o 2021-11-02.
- ↑ Mónica V. Lopo (2018-04-15). "Os valores da vida con Naturizo: un ourizo da Serra de San Mamede". La Región. Consultado o 2021-11-02.
- ↑ "El salto literario de Naturizo". Faro de Vigo (en castelán). 2018-04-19. Consultado o 2021-11-02.