Agustín Villafines González
Quick Facts
Biography
Agustín Villafines González, nado en Baiona, foi un político e anarquista galego do Partido Sindicalista.
Traxectoria
Albanel, foi elixido contador da directiva da sociedade agraria La Reconquista para 1931. En xuño de 1936 foi nomeado tenente alcalde de Baiona trala dimisión de Manuel Godoy Agrelo como alcalde, sendo alcalde accidental de Baiona cando a sublevación do 18 de xullo de 1936; días despois presentouse de forma voluntaria ante as autoridades militares, que o detiveron. Ingresou no cárcere de Vigo o 1 de agosto, e foi condenado a trinta anos de reclusión na causa 88/36 por rebelión. Estivo preso no campo de concentración da Illa de San Simón, ata que en 1941 foi posto en liberdade polas autoridades. Tralo seu paso por prisión decidiu xunto co seu irmán José Villafines González exiliarse na Arxentina. Volveu en repetidas ocasións a Baiona antes de falecer.
Predecesor: Manuel Godoy Agrelo | Alcalde de Baiona 1936 | Sucesor: José Barreiro Álvarez |
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha en Nomes e Voces