Agustín Fernández Gallego
Quick Facts
Biography
Agustín Fernández Gallego, nado en 1959 en Caracas, é un político galego, que en 2012 chegou á alcaldía de Ourense.
Traxectoria
Profesionalmente é funcionario do corpo de inspectores de Facenda, e preparador de oposicións. Nas eleccións de 2007 foi elixido concelleiro, ao figurar como independente nas listas do PSdeG. A partir dese momento, sendo alcalde Francisco Rodríguez, ocupa a carteira de Economía e Facenda. En 2009 afíliase ao PSdeG, e entra a formar parte da súa executiva, na área de Economía.
Nos comicios locais de 2011 volveu saír elixido. Mantense na carteira de Facenda ata que en outubro dese ano, logo da imputación por prevaricación do alcalde no marco da operación Pokémon, pasou a ocupar o cargo de alcalde grazas aos votos dos socialistas e do BNG.
Predecesor: Marga Martín | Alcalde de Ourense 2012 - 2015 | Sucesor: Xesús Vázquez Abad |
Notas
- ↑ "El «sheriff» al que le gusta bailar y el senderismo", La Voz de Galicia, 4/10/2012.
Véxase tamén
Outros artigos
- Eleccións municipais en Ourense