Afanasii Marukov
Quick Facts
Biography
Afanasii Makurov (en ruso: Афанасий Макуров), nado como Aggei Feodorovich Makurov (en ruso: Аггей Феодорович Макуров) arredor de 1825 na aldea de Chudei (hoxe Ucraína) e finado o 1 de outubro/ 14 de outubro de 1905 en Vyzhnytsia (Ucraína), foi un bispo da Igrexa ortodoxa do vello rito lipovana co título de "Arcebispo de Belaia Krynytsa e Metropolita de todos os cristiáns ordoxos do vello rito".
Biografía
Naceu arredor de 1825 na aldea de Chudei (entón parte de Austria-Hungría) nunha familia de vellos crentes. Até 1871 foi sacerdote na parroquia vello crente de Piscu (preto de Brăila, no Principado de Romanía). Logo de enviuvar, o 3 de xuño de 1871 foi elixido bispo de Brăila, recibindo a ordenación do metropolita Kiril Timofeev. Á morte deste, foi elixido metropolita de Belaia Krynytsa o 9 de maio de 1874.
En 1881 foi recibido polo emperador Francisco Xosé I de Austria, o que indicou o recoñecemento da xerarquía de Belaia Krynytsa polo goberno; en 1889, por iniciativa de Afanasii, foi aprobado un acordo co recoñecemento da Igrexa de Vello Rito nos territorios do Imperio.
Finou o 1 de outubro/ 14 de outubro de 1905, e está enterrado no cemiterio de Bila Krynytsia.
Notas
- ↑ Панкратов, А. В. (2002). "АФАНАСИЙ". Православная энциклопедия 4. Moscova: Церковно-научный центр «Православная энциклопедия». p. 11. ISBN 9785895720097.
- ↑ Мельников, Ө. Е. (1999). Краткая история древлеправославной (старообрядческой) церкви. Izd-vo BGPU. pp. 293–299.
- ↑ Писаревский, А. Ю. (2002). Старообрядческие иерархи: справочные материалы. p. 31.