Abraham Gerpe
Quick Facts
Biography
Abraham Gerpe Muñiz, nado en Lume de Suso (Santa Baia de Castro) en 1991, é un político galego, alcalde independente de Coristanco.
Traxectoria
Enxeñeiro de obras públicas e enxeñeiro civil, ao rematar os estudos presentouse como cabeza de lista polo PSdeG ás eleccións municipais 2017 de Coristanco, e resultou escollido como único concelleiro socialista. A corporación municipal elixiu alcalde o candidato de TeGa, Amancio Lavandeira, co apoio de nacionalistas e socialistas. Gerpe formou parte do goberno, onde se ocupou da concellería de Obras e Urbanismo.
Meses despois, unha moción de censura impulsada polo PP contou co apoio de Gerpe, que pasou a ser o alcalde. Gerpe e os demais concelleiros foron expulsados dos seus partidos, e formaron grupo de goberno independente. Gerpe estivo de baixa durante varios meses do seu mandato, por accidentes de tráfico e despois por casar. Tamén viu como o seu equipo de goberno rompía a un ano das eleccións, ao dimitirlle o antigo alcalde, Antonio Pensado (expulsado do PP trala moción de censura).
Nas eleccións municipais de 2019 non acadou a alcaldía, que foi para Juan Carlos García Pose do PPdeG.
Predecesor: Amancio Lavandeira | Alcalde de Coristanco 2017 - 2019 | Sucesor: Juan Carlos García Pose |
Notas
- ↑ Lugo, El Progreso de (2017-08-08). "Abraham Gerpe será el alcalde más joven de Galicia tras una moción de censura en Coristanco". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2019-01-09.
- ↑ Pontevedra, Diario de (2017-08-30). "Abraham Gerpe: "La primera decisión que tomaré será pagar la factura del teléfono para que el Concello tenga línea"". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2019-01-09.
- ↑ "La boda de Abraham Gerpe hace alcaldesa a Clarisa Couto". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-10-12. Consultado o 2019-01-09.
- ↑ Concello de Coristanco na FEGAMP