Xosé Otero Canto, nado na Ponte de Outeiro (Castro de Rei) o 6 de xuño de 1951, é un escritor galego.
Traxectoria
Estudou no no IES Lucus Augusti. Rematou Maxisterio en 1967 e exerceu como mestre en Guitiriz e Muralla Romana. Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela en 1975, foi profesor no Colexio Fingoi de Lugo nos anos 1977-1979. Exerce como catedrático de Lingua Castelá e Literatura no IES Lucus Augusti.
Obra
Poesía
- Salaios da chaira, 2006, Fundación Manuel María.
- Arelas de prata e soños, IESCHA 2008.
- Guía poética da muralla de Lugo, 2010, Concello de Lugo.
- Miño, río pai e amigo, 2010, Irmandade Manuel María.
- Outono, mancebo céfiro de ás ergueitas, 2010, Espiral Maior.
- Poemas da cidade, 2010, Follas Novas.
- Nenias chairegas, 2013, Alvarellos Editora.
- Poética da viaxe, 2012, Iescha.
- Valuria, 2015, Irmandade Manuel María.
- As Catedrais, portas do misterio, 2016, Concello de Ribadeo.
Premios
- Segundo premio no XXXIII Certame Literario do Concello de Vilalba no 2007, por Nesta silandeira cremalleira de auga.
- Gañador do Premio do Concello de Vilalba no 2008, por "Atafegando o asfalto" e publicado posteriormente co título de Poemas da cidade.
- Primeiro Premio na XVII Edición do Certame Literario "A Pipa" 2008.
- Primeiro Premio do XXXIII Certame Nacional de Poesía sobre "O Nadal". Begonte (Lugo) 2009.
- Segundo premio do XXXV Certame literario de Vilalba no 2009, por Outono, mancebo céfiro de ás ergueitas.
- Segundo Premio na XVIII Edición do Certame Literario "A Pipa" 2009
- Primeiro Premio do XXXIV Certame Nacional de Poesía sobre "O Nadal" Begonte. 2010
- Primeiro Premio no IV Certame de Poesía "Terras de Chamoso" 2010.
- Mención de Honor no Certame Internacional de Poesía e Conto Breve convocado polo Centro Cultural Rosalía de Castro de Buenos Aires 2011.
- Primeiro Premio no V Certame de Poesia "Terras de Chamoso" 2011
- Segundo Premio de poesía Anduriña Voandeira no 2011, por Na singradura dos desexos.
- Segundo Premio na XX Edición do Certame Literario "A Pipa" 2011.
- Segundo Premio do XXXVI Certame Nacional de Poesía sobre "O Nadal", Begonte 2012.
- Accésit na XVII Edición do Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López. Paradela. 2012.
- Primeiro Premio no XXXVIII Certame Literario de Vilalba. 2012 por "Nenías chairegas"
- Primeiro Premio do XXXVII Certame Nacional de poesía sobre O Nadal, Begonte 2013.
- Mención de Honor na XVIII Edición do Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López. Paradela 2013.
- Segundo Premio no VII Certame Literario Terras de Chamoso. 2013
- Segundo Premio do XXXVIII Certame Nacional de Poesía sobres O Nadal de Begonte 2014.
- Terceiro Premio da XXVIII edición do Certame Literario Rosalía de Castro en Cornellà de Llobregat, Barcelona. 2014.
- Primeiro Premio do XXXIX Certame Nacional de Poesía sobre O Nadal, Begonte 2015.
- Primeiro Premio do XL Certame Nacional de Poesía sobre O Nadal, Begonte 2016.
- Primeiro Premio no XLII Certame Literario de Vilalba polo poemario "Telúrica" 2016.
Véxase tamén
Ligazóns externas