Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Intro | Spanish politician | |
Places | Spain | |
is | Politician | |
Work field | Politics | |
Gender |
| |
Birth | 6 December 1956 | |
Age | 68 years | |
Politics: | Galician Nationalist Bloc |
Biography
Xosé Mosquera Casero, nado o 6 de decembro de 1956 en San Cristovo de Cea, é un político galego de Compromiso por Galicia.
Traxectoria
Licenciouse en dereito en 1979 e foi profesor axudante de dereito constitucional nas universidades de Navarra e Santader (1980-1983), funcionario da Deputación de Ourense desde 1985 foi Secretario Xeral Técnico da Conselleria de Pesca (1987- 1989), exerce como profesor asociado de dereito consitucional na Universidade de Vigo desde 1991 e mais é xefe do servizo de intervención da Deputación de Ourense desde 1995.
Actividade política
En 1979 entrou a militar no Partido Galeguista e foi candidato desa formación nas eleccións autómicas de 1981, tras a integración do seu partido en Coalición Galega en 1983 pasou a militar nesta formación ata a creación en 1987 do Partido Nacionalista Galego. Nas eleccións municipais dese ano encabezou a lista do PNG en San Cristovo de Cea, saíndo elixido concelleiro. En 1991 entrou canda o seu partido no Bloque Nacionalista Galego. En setembro de 2011 resultou elixido secretario xeral do PNG-PG e en 2012 tras abandonar o seu partido o BNG e integrarse en Compromiso por Galicia entrou na executiva desa formación. En 2014 impúxose nas primarias da súa formación na cidade de Ourense pero tras a formación da plataforma cidadá Ourense en Común, CxG foi o primeiro partido en oficializar o seu apoio renunciando a presentar unha lista ao concello. Xosé Mosquera presentouse ás primarias á alcaldía de Ourense en Común gañando as eleccións pero tras o malestar de parte da organización que replicaban que houbera tráfico de votos a asemblea xeral de Ourense en Común decidiu anular as primarias o que levou á marcha de Mosquera e o resto de militantes de CxG que colaboraban en Ourense en Común por unha decisión que consideraron un quebranto democrático reactivando a candidatura de CxG ao concello de Ourense con Mosquera como cabeza de lista.