Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Places | Spain | |||
was | Translator Writer | |||
Work field | Literature | |||
Gender |
| |||
Birth | 1940, Melide, A Coruña, A Coruña Province, Galicia, Spain | |||
Death | 1997 (aged 57 years) | |||
Education |
|
Biography
Xosé Manuel Rodríguez Pampín, nado en 1940 en Melide e finado en 1997, foi un sacerdote católico, escritor, tradutor e dramaturgo galego en lingua galega.
Traxectoria
Estudou no Seminario de Santiago de Compostela e na Universidade Pontificia Comillas e foi profesor de relixión en varios institutos de ensino medio. Reivindicou a liturxia en galego e publicou principalmente en Encrucillada e Grial, incluído nesta última varios contos e tres pezas teatrais. Formou parte do equipo que traduciu a Biblia ao galego.
Obra
- A Biblia dos nenos, de A. M. Cocagnac e Rosemary Haughton, tradución de Xosé Manuel R. Pampín, Lois Rodríguez e Anxel González Núñez, 1975, SEPT.
- Creón, Creón, obra de teatro, Grial n.º 50, 1975.
- Nova conciencia na Igrexa galega, 1976, SEPT, con prólogo de Miguel Anxo Araúxo Iglesias. ISBN 978-84-7337-021-9.
- Ifixenia non quere morrer, obra de teatro, Grial n.º 55, 1977. Incluída na Biblioteca 114 da Editorial Compostela en 1992.
- Alcestes, traxedia en dous actos e sete cadros, Grial n.º 62, 1978.
- O Evanxelio dos nenos, de Harold Wistone, tradución, 1979, SEPT, ISBN 978-84-7337-011-0.
- Pro e contra da Litúrxia en galego: historia dunha polémica. Canda Manuel Caamaño. SEPT, 1980. ISBN 84-7337-025-2.
Recoñecementos
En 1990 o equipo de José Fernández Lago e Andrés Torres Queiruga, no que el tamén participara, recibiu o Premio Nacional de Tradución de España polo traballo de traslado ao galego da Biblia (1973-1989).
O concello de Melide acordou en 1998, e executou en 2011, adicarlle o nome dunha rúa.
Notas
- ↑ Enciclopedia Galega Universal, t. 14, p. 509.
- ↑ Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 53, p. 74.
- ↑ Dicionario biográfico de Galicia, t. 3, p. 194.
- ↑ Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, en DVD.
- ↑ "Imaxe da portada de: A Biblia dos nenos". Arquivado dende o orixinal o 07/04/2016. Consultado o 29/03/2016.
- ↑ Grial n.º 50, 1975
- ↑ Imaxe da portada de: Nova conciencia na Igrexa galega
- ↑ Grial n.º 55, 1977
- ↑ Grial n.º 62, 1978
- ↑ "Imaxe da portada de: O Evanxelio dos nenos". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2016. Consultado o 29 de marzo de 2016.
- ↑ "Imaxe da portada de: Pro e contra da Litúrxia en galego". Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2016. Consultado o 28 de marzo de 2016.
- ↑ "Premio Nacional a la Mejor Traducción"
- ↑ "Homenaxe en Melide ao Crego Xosé Manuel Rodríguez Pampín..." Arquivado 08 de abril de 2016 en Wayback Machine. Concello de Melide, 1/1/2011.
Véxase tamén
Bibliografía
- Gómez García, Manuel (1998) Diccionario Akal de Teatro p. 71, Ediciones Akal, ISBN 978-84-460-0827-9 (en castelán).
- Ragué-Arias, María-José: "Del mito contra la dictadura al mito que denuncia la violencia y la guerra" en Vilches de Frutos, María Francisca (2005). Mitos e identidades en el teatro español contemporáneo. ISBN 90-420-1806-02 (en castelán).
- Rodríguez Domínguez, José Pablo (USC): "El teatro clásico griego y latino en Galicia a partir de la posguerra" pp 123–129 en Pujante, Ángel Luis (1996). Teatro clásico en traducción. UM. ISBN 84-7684-738-6 (en castelán).
Ligazóns externas
- Obra de Xosé Manuel Rodríguez Pampín en Dialnet.