Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Intro | Spanish politician | |
A.K.A. | Pazos Varela Xosé Manuel Pazos Varela | |
A.K.A. | Pazos Varela Xosé Manuel Pazos Varela | |
Places | Spain | |
is | Politician | |
Work field | Politics | |
Gender |
| |
Birth | 1957 | |
Age | 68 years |
Biography
Xosé Manuel Pazos Varela, nado en Coiro (Cangas) en 1957, é un escritor e político galego.
Traxectoria
Participou como actor, autor e director, na creación dos grupos de teatro afeccionado de Cangas Matamoura e Múa, da sección de Vigo-Cangas da Escola Dramática Galega, e da Compañía profesional Teatro de Ningures. Participou na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, da que foi responsable nas nove primeiras e na 11ª edición. Traballa habitualmente para Teatro de Ningures e a Revista Galega de Teatro. Colaborou en varios espectáculos de Teatro do Atlántico e con outras compañías como o Centro Dramático Galego.
Foi concelleiro de Cultura de Cangas en dúas etapas: 1995-97, por Esquerda Unida-Esquerda Galega e 2007-09 pola Alternativa Canguesa de Esquerdas. Entre 1997 e 2001 foi deputado no Parlamento de Galicia por Esquerda de Galicia. Dende 2011 é concelleiro na oposición no Concello de Cangas.
Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a candidatura de ACE e foi elixido alcalde de Cangas grazas ao apoio de BNG e ASxUN.
Predecesor: José Enrique Sotelo | Alcalde de Cangas 2015 - actualidade | Sucesor: no cargo |
Obra
- Ida e volta (Taxi), premio Max ao mellor autor teatral en galego.
- Desembarco dos turcos.
- María Soliña.
- Act-Tress.
- Crónica da peste.
- María Soliña ou O profeta ou o derradeiro berro de Randulfo.
A súa versión teatral da novela de Suso de Toro Círculo recibiu o Premio Max ao mellor texto Teatral en galego en 2003.
Traduciu a José Luis Alonso de Santos, Juan Mayorga, Luigi Pirandello, Ernesto Caballero, Itziar Pascual e José Sanchis Sinisterra.
Obra literaria publicada
Traducións
- Cartas de amor a Stalin. Himmelweg. A paz perpetua, de Juan Mayorga, 2009, Galaxia.
Obras colectivas
- Estilo de exercicios, para exercicios de estilo, con Henrique Harguindey, 1995, Xerais.
- Banqueiros, 2012, Laiovento.