Xosé Luna Sanmartín, nado na Estrada en 1965, é un mestre, escritor e editor galego.
Traxectoria
Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, exerce como mestre na Estrada. Colaborador en diferentes medios de comunicación, foi director de Edicións Fervenza durante quince anos.
Obras
Poesía
- Memorias do Cairo, 2004, Edicións Fervenza. Con epílogo de Miro Villar.
- Stradapop, 2005, Librería Ler.
Narrativa
- As cometas da vida, 1999, Edicións Fervenza.
- O ano das mimosas, 2000, Edicións Fervenza.
Ensaio
- A Estrada románica, 1999, A Fouce.
- Onde o sol facheaba ó amañecer. Vida e obra de Avelina Valladares Núñez, 2000, A Fouce.
- 90 Cousiñas, 2006, Cáritas da Estrada.
Obras colectivas
- Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.
Entrevistas
- No pazo de Laiovento. Conversas con Francisco Pillado Maior, 2007, Espiral Maior.
Edicións
- Manuel Daniel Varela Buxán. O Patriarca do Teatro Galego, 2000, Seminario de Estudios de Deza, en colaboración.
- Cantigueiro popular, de Marcial Valladares Núñez, 2003, Fundación Cultural da Estrada.
- Ollo cos estudantes, de Manuel Bergueiro López, en Edicións Fervenza.
- ¿Pista ou Peste?, de Manuel Daniel Varela Buxán, en Edicións Fervenza.
- Conversa entre arrieiros, de Marcial Valladares Núñez, en Edicións Fervenza.
- Poesía contemporánea. Tabeirós-Terra de Montes, 2005, Edicións Fervenza.
- Se o sei, non volvo a casa. Taberna sin dono, de Manuel Daniel Varela Buxán, 2007, Xerais.
Traducións
- Grazas, Padre Ramón, de Manuel Daniel Varela Buxán, 2007, Edicións Fervenza.
Premios
- Premio Roberto Blanco Torres no 1999, por As cometas da vida.
- Premio de Poesía Avelina Valladares no Concello da Estrada no 2003, por Memorias do Cairo.
- Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela no 2013, no Concello da Estrada.
- Mención no VII Premio Arume de Poesía para nenos no 2013, por Versos e bicos.
- Accésit do VIII Premio Estornela de teatro para nenos no 2014, por As aventuras de Odiseo.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas