Biography
Lists
Also Viewed
The basics
Quick Facts
Places | Spain | |
Gender |
| |
Birth | 28 January 1957 | |
Age | 67 years |
The details
Biography
Xosé Luís Otero Cebral, nado en Vilouriz (Toques) o 28 de xaneiro de 1957, é un escritor e etnógrafo galego.
Traxectoria
Mestre de educación infantil e primaria, tras residir en Felpós, exerce actualmente a docencia na Coruña. Ten colaborado con artigos en varios xornais (La Voz de Galicia e El Progreso, entre outros), e publicacións como O Mintireiro Verdadeiro. Coordinou labores escolares premiados polo Museo de Pontevedra e programas de radio escolar da Consellería de Educación.
Obras
Poesía
- Poemas sen tempo, 1993, edición do autor.
- Os sons da alba, 1996, Editorial Noroeste.
- Oleiros, o paraíso descuberto, con fotografías de Santiago Casal, 1997, Toxosoutos.
- Poemas para a Ulloa, 1998, Xuntanza Editorial.
Ensaio
- O carro en Galicia, 1994, Deputación de Lugo.
Obras colectivas
- Manuel do Monte, o home dos pitos, pintor naïf (Borneiro, Cabana de Bergantiños), sobre Manuel Lema Otero, 1999, Deputación da Coruña.
Premios
- Premio de poesía Meigas e Trasgos CIT de Sarria, por O leito da terra.
- Finalista da II edición dos premios Irmandade do Libro, organizados pola Federación de Libreiros de Galicia, en 1992.
- Premio IAR de folclore galego en 1994 e 1996.
- Gañador do certame de poesía Vir Fluvius en 1995.
- Gañador do Premio Vila de Vilalba de xornalismo en 1998.
- Primeiro premio da sexta edición do Certame Poético Xohán de Requeixo por Os valados da alma.
- Premio de xornalismo no Certame José Domínguez Guizán, de Begonte, no 2002, polo seu traballo Auga que move os batáns.