Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Intro | Músico galego | |
Places | Spain | |
Gender |
| |
Birth | 26 November 1867, A Coruña | |
Death | 1 February 1947 (aged 79 years) |
Biography
Xosé Baldomir Rodríguez, nado na Coruña o 26 de novembro de 1865 e finado o 1 de febreiro de 1947, foi un compositor, pianista, director coral e profesor que desenvolveu case todo o seu labor na súa cidade natal.
Traxectoria
Discípulo de Marcial Torres del Adalid. Deu clase na Escola de Belas Artes da Coruña, interveu en varios tribunais de oposicións e presidiu o xurado de certames musicais para orfeóns, bandas e coros galegos. Foi director dos orfeóns "El Eco" e "El Brigantino", das orquestras do "Liceo del Brigantino", da orquestra da sociedade "Bretón de los Herreros" e dos coros e orquestra das Fillas de María. En 1906 foi invitado a dar un recital no Ateneo de Madrid e tamén realizou unha xira por España, Francia e Portugal.
Foi nomeado académico da Real Academia Provincial Coruñesa de Belas Artes (1905), da Real Academia de Belas Artes de San Fernando (1922) e numerario da Real Academia Galega (1941).
Obra
Baldomir destacou como compositor de cancións, se ben tamén escribíu música instrumental e a zarzuela Santos e meigas (Idilio Campesino en un acto) en colaboración con Vicente Lleó sobre libreto de Manuel Linares Rivas. Desenvolveu actividades de musicoloxía recollendo temas tradicionais galegos para Cantos y bailes populares de España, de José Irizanga e Cancionero Musical Popular Español, de Felipe Pedrell .
Creou obras sobre a base de poemas de Rosalía ("Ti onte, mañán eu"; "Grilos e ralos"...), Pondal ("Monte Branco"; "Ten o seu punto a rosa"), Cabanillas ("Camiño da ermita"; "O cantar"...), Curros ("¿Cómo foi?") e de outros poemas casteláns.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Discos con gravacións de obras súas
- La canción gallega de Ravel, de Xoán M. Carreira.