Xoán Carlos Garrido Couceiro

Historiador galego
The basics

Quick Facts

IntroHistoriador galego
A.K.A.Xoán Carlos Garrido
A.K.A.Xoán Carlos Garrido
PlacesSpain
Gender
Male
Birth1965, A Estrada
Age60 years
The details

Biography

Xoán Carlos Garrido Couceiro, nado na Estrada en 1965, é un sindicalista, profesor de filosofía e historiador galego.

Traxectoria

Directivo da Asociación Cultural "A Estrada" nos anos 80 e actualmente membro de Asociación Cultural "Vagalumes". Colaborador do Sindicato Labrego Galego nos anos 90, do que foi responsábel da súa publicación mensual Fouce e de poñer en marcha a editorial do mesmo nome en 1995. É militante da UPG, membro da Aula Castelao de Filosofía, da Fundación Alexandre Bóveda e da Fundación Bautista Álvarez, e director da revista Terra e Tempo entre 2004 e 2014. Colaborador en distintas publicacións periódicas galegas como: A Nosa Terra, Murguía. Revista Galega de Historia, A Taboada ou Vieiros. Forma parte da Comisión pola memoria Siñor Afranio e é membro de Consello da Memoria.

No campo do audiovisual dirixiu varios traballos, entre eles o titulado A derradeira lección do mestre (2007).

Actualmente[cando?] traballa como profesor de filosofía no instituto de ensino público de Forcarei.[Cómpre referencia]

Obra

Investigación

  • Manuel García Barros: loitando sempre, 1995.
  • O pensamento de Castelao, 2000, A Nosa Terra.
  • Manuel García Barros, 2002.
  • Piñeiro contra Castelao, Castelao contra Piñeiro, 2009, A Nosa Terra.

Teatro

  • Falando con balas, 2004.

Obras colectivas

  • O pensamento galeguista da posguerra: antoloxía, 1997, AS-PG/A Nosa Terra. Coeditor con Xosé Manuel Sánchez Rei.
  • A guerrilla antifranquista galega. Actas do Congreso, 2011, Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.
  • Perspectivas sobre Bóveda: Ensaios e poemas polo seu 75º cabodano, 2011, A. C. Alexandre Bóveda.
  • Do Piñeirismo ao Consello da Mocedade. O rexurdir do nacionalismo galego, 2013, Fundación Moncho Reboiras. Con Uxío-Breogán Diéguez Cequiel.
  • As Irmandades da Fala (1916-1931), 2016, Laiovento.
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.