Xoán Carlos Domínguez Alberte, nado en Escudeiros (Ramirás) o 24 de xullo de 1966, é un escritor galego.
Traxectoria
Licenciado en Filoloxía Hispánica (1985-1990) e en Filoloxía Galega (1992) pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi bolseiro do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (1994-1998), traballador do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo (1998-1999), responsable do Programa de Dinamización Sociolingüística das Comarcas de Galicia, da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal (1999-2004) e, dende 2004 profesor de Lingua galega e Literatura no ensino público.
Obras
Poesía
- Material de outono, 2000, Edições Tema.
- As horas luminosas, 2005, Follas Novas.
- Incivil, 2009, Toxosoutos.
- Materia infinita, 2011, Follas Novas.
- Rastros con enrugas, 2014, Corsárias.
Teatro
- A natureza no reino da escuridade. Fírgoas de mocidade aló polo ano de 1919 ou 1920, 2003, Deputación de Ourense.
Ensaio
- Roberto Blanco Torres e a loita pola supremacía ética. Estudo crítico e escolla poética, 1999, Laiovento.
Literatura infanto-xuvenil
- Versos para conversar, 2016 Galaxia.
Traducións
- Lendas, de Gustavo Adolfo Bécquer, 1998, Toxosoutos.
- Fábulas, de Esopo, 1999.
- Arte de amar, de Ovidio, 2001, Xuntanza.
Didáctica
- 2º ESO Lingua galega e Literatura, 1997.
- 3º ESO Lingua galega e Literatura, 1998.
- Material pedagóxico Manuel Luís Acuña, 2002.
- 4º ESO Lingua galega e Literatura, 2008.
Edicións e obras colectivas
- D'o mar e d'a terra. Poesías galegas, de Francisco María de la Iglesia, 1994, coeditor.
- Algas. (Versos gallegos), de Frei Gumersindo Placer, 1994, coeditor.
- Alba: hojas de poesía = follas de poesía (A Coruña, 1948 - Vigo, 1956), 1995, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Coeditor.
- Posío, arte y letras: Ourense, 1951-1954, 1996, Centro Ramón Piñeiro.
- Resol, hojilla volandera del pueblo = folla voandeira do pobo: Galicia (1932-1936), Buenos Aires (1937-1938), Galicia (1990), 1997, Centro Ramón Piñeiro.
- Actas das I Xornadas das Letras Galegas en Lisboa, 1998, Centro Ramón Piñeiro.
- Cristal: revista literaria, Pontevedra (1932-1933), 1998, Centro Ramón Piñeiro.
- Mulher a fazer vento, 1998.
- Actas do I Congreso Manuel Luís Acuña, 2001, Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, editor.
- Actas do II Congreso Manuel Luís Acuña, 2005, editor.
- Escrita Contemporánea, homenaxe a Ánxel Casal, 2005, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Son de poesía, 2005, Edições Fluviais e Libraría Couceiro.
- O ano da memoria na escola, 2006, Concello de Caldas de Reis.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
- Represión, solidariedade e resistencia antifranquista, 2007.
- Actas do III Congreso Manuel Luís Acuña, 2008, editor.
- Migracións na Galicia contemporánea. Desafíos para a sociedade actual, 2008, Sotelo Blanco.
- En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos.
- Pegadas, 2011, A porta verde do sétimo andar.
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, AELG, libro electrónico.
- A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
- Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor, 2012, Librería Conde, Celanova.
- Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
- 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
- Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos. Poesía.
Véxase tamén
Ligazóns externas