Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Intro | Spanish politician | |
Places | Spain | |
is | Lawyer Politician Journalist | |
Work field | Journalism Law Politics | |
Gender |
| |
Birth | 17 April 1964, A Coruña, A Coruña Province, Galicia, Spain | |
Age | 60 years | |
Star sign | Aries |
Biography
Xoán Antón Pérez-Lema, nado na Coruña o 17 de abril de 1965, é un avogado, político e columnista galego.
Traxectoria
É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela dende 1987 e graduado en Administración de Empresas. Exerce a avogacía na súa cidade natal. Militou sempre no nacionalismo galego, sendo un dos fundadores das Mocidades Nacionalistas Galegas, organización xuvenil aliada primeiro de Coalición Galega e despois do Partido Nacionalista Galego (PNG-PG).
Foi membro da executiva do PNG-PG, e xefe do gabinete da Consellaría da Presidencia da Xunta entre 1987 e 1989, sendo conselleiro Pablo González Mariñas. Ten exercido tamén como asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia, defendendo xudicialmente a obxectores e insubmisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio.
Tamén foi profesor da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo, da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e secretario xeral de Relacións Institucionais da Xunta de Galicia co bipartito, entre 2007 e 2009, sendo vicepresidente da Xunta Anxo Quintana. Imparte a docencia no programa de asesoría xurídica de empresa do Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE), e é secretario xeral da Asociación Galega de Afectados por Produtos Financeiros (AGAPROFI). Milita desde a súa fundación en Compromiso por Galicia.
Colabora con opinións e comentarios sociais e políticos decote na Radio Galega, na TVG e en varios medios de comunicación, como Xornal de Galicia, El Correo Gallego, El Ideal Gallego, Praza, MundoGaliza, Tempos dixital ou Terra Chá.
Notas
- ↑ Pérez-Lema será o novo secretario xeral de Relacións Institucionais, nova en Vieiros o 13 de novembro de 2007.