Xerardo Quintiá Pérez, nado en Friol o 28 de marzo de 1970, é un escritor galego.
Traxectoria
En 1984 trasladouse a Lugo para realizar estudos de Bacharelato, cidade na que reside dende entón. Publicou os seus primeiros traballos na sección cultural “Táboa Redonda” de El Progreso (1988) e colaborou nas revistas Dorna, Xistral e Entremuros.
Obras
Narrativa
- Finísimo po nas ás, 1997, Galaxia.
- Unha soa man e outros intres, 1999, Galaxia.
- Un rabaño de ovellas brancas, 2001, Galaxia.
- O libro dos aparecidos, 2002, Francka Editora.
- Regreso á Ulloa, 2004, Concello de Palas de Rei.
- Hotel Cidade Sur, 2012, Galaxia. Traducido ao castelán como "Hotel Ciudad Sur", Pulp Books 2015.
- O viaxeiro radical, 2015, Galaxia.
Poesía
- Ailalalalelo de auga, 2001, Do4 Edicións, Vigo.
- Poesía en ruta, 2007, Espiral Maior.
- Fornelos & Fornelos, primeira fundación, 2011, Espiral Maior.
- Fornelos & Fornelos, segunda fundación, 2016, Sotelo Blanco.
Literatura infanto-xuvenil
- A verdadeira historia do burro Feldespato, 2003, Galaxia.
- Ke-Tumba Ke-Tamba, 2006, Galaxia.
- Titiritesa, 2007, OQO editora. Traducido ao castelán, francés, portugués e inglés.
Obras colectivas
- Carlos Casares: a semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Tres blues e un rap, 2008, GALIX/Xunta de Galicia.
- Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones.
Premios
- Gañador do Premio Fermín Bouza Brey no 2005, por Poesía en ruta.
- Finalista do Premio Raíña Lupa no 2006, por Ke-Tumba Ke-Tamba.
- Gañador do Premio Fiz Vergara Vilariño no 2011, por Fornelos & Fornelos, primeira fundación.
- Gañador do Premio Eusebio Lorenzo Baleirón no 2015, por Fornelos & Fornelos, segunda fundación.
Véxase tamén
Ligazóns externas