Biography
Also Viewed
The basics
Quick Facts
Gender |
| |
Birth | 24 January 1964 | |
Age | 60 years |
The details
Biography
Xerardo Méndez Álvarez, nado en Colón, Panamá o 24 de xaneiro de 1964, é un escritor galego.
Traxectoria
Aos tres anos regresou coa súa familia para Galiza, trasladándose en 1968 a Ourense. Estudou Ciencias Físicas na Universidade de Santiago de Compostela e traballa actualmente no ensino na cidade de Ourense, como profesor de matemáticas no colexio San Xosé.
Obras
Narrativa
- O cazador, 1991, Sotelo Blanco. Traducido ao castelán como El cazador no 1993 en Ronsel.
- O abrente é un desatino, 1993, Sotelo Blanco.
- As horas que nos quedan, 1996, Sotelo Blanco.
- Que cara trae o día, 2010, Toxosoutos.
- O baile do sol, 2014
Obras colectivas
- Narradores de cine, 1996, Xerais.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- Plug & Play. Antoloxía galega de ciencia ficción erótica, 2015, Urco Editora/Contos Estraños.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Xerardo Méndez na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- Páxina web do autor