Xabier López López

The basics

Quick Facts

PlacesSpain
Gender
Male
Birth29 January 1974, Bergondo, Galicia, Spain
Age50 years
The details

Biography

Xabier López López, nado en Bergondo o 29 de xaneiro de 1974, é un escritor galego.

Traxectoria

Veciño de Betanzos dende 1993, é licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña. Desenvolveu, paralelamente á súa carreira literaria, diversas actividades relacionadas co asociacionismo de base que o levaron a presidir a Asociación Cultural Eira Vella (1999-2003), entidade editora da revista semestral A Xanela, onde viron a luz as súas primeiras achegas literarias a mediados dos anos noventa.

Colaborador asiduo de prensa escrita e dixital (A Nosa Terra, De Luns a Venres, Grial, entre outras), a súa carreira autorial, centrada na narrativa, céntrase primordialmente na novela, sen desatender incursións ocasionais no relato ou no mundo do conto infantil.

Obras

Narrativa

  • Doutor Deus, 1999, Sotelo Blanco.
  • O caderno, 2001, Sotelo Blanco.
  • O mono no espello, 2002, Sotelo Blanco. Publicada en castelán no 2014, co título El mono en el espejo, por editorial Baile del Sol.
  • A estraña estrela, 2003, Galaxia.Publicada en portugués no 2004, co título A estranha estrela, por Deriva editores.
  • A vida que nos mata, 2003, Galaxia. Publicada en castelán no 2014, co título La vida que nos mata, por Editorial Funambulista.
  • Trinta e dous dentes, 2007, Galaxia. Publicada en castelán no 2015, co título Treinta y dos dientes, por Pulp Books.
  • Os libros prestados, 2010, Galaxia. Publicada en castelán no 2013, co título Los libros prestados, por Libros de Pizarra.
  • 1989, 2013, Biblos Clube de Lectores. Publicada en castelán no 2015 por Editorial Adeshoras.
  • Cadeas, 2013, Xerais, Premio Xerais de novela. Publicada en castelán no 2017, co título Cadenas por editorial Hoja de Lata.
  • Olympia Ring, 1934, 2014, Galaxia. Publicada en castelán no mesmo ano por Editorial Gregal.

Literatura infanto-xuvenil

  • Biff, Bang, pow! (novela case negra), 1997, Sotelo Blanco.
  • A vella quenlla perde os dentes, 2005, Edebé-Rodeira. Publicado en castelán no mesmo ano, co título El viejo tiburón pierde los dientes, por Edebé. Traducido ao árabe en 2015 por editorial Kalima, Emiratos Árabes Unidos.
  • Cando Artur non era rei, 2012, Galaxia.
  • Son un can!, 2013, Edebé-Rodeira. Publicado en castelán no mesmo ano, co título ¡Soy un perro, por Edebé.
  • O home que sabía voar, 2015, Tambre-Edelvives.

Traducións

  • Herbario, de Elena Poniatowska, incluído no volume A filla do filósofo, 2009, Galaxia.

Premios

  • Premio Risco de Literatura Fantástica no 2001, por O caderno.
  • Premio de novela curta Manuel Lueiro Rey no 2002, por O mono no espello.
  • Finalista do Premio San Clemente de lectores novos, por O mono no espello.
  • Finalista do premio Losada Diéguez no 2003, por A estraña estrela.
  • Premio García Barros no 2003, por A vida que nos mata.
  • Premio da crítica española no 2003, por A vida que nos mata.
  • Finalista do Premio de Novela europea Casino de Santiago, por A vida que nos mata.
  • Finalista do premio Torrente Ballester no 2007, por Trinta e dous dentes.
  • Premio Xerais en 2013, por Cadeas.
  • Premio Fervenzas Literarias ao autor do ano 2013.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa para adultos de 2013, por Cadeas.

Vida persoal

É irmán do xornalista e político Paulo Carlos López.

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.