Witiza
Rebel duke from Galicia
Witiza ou Vitiza (fl. 888-895) foi un aristócrata galego do século IX. Ostentando o título de "dux" rebelouse contra o rei Afonso III no ano 888. A rebelión durou sete anos, ata que Witiza foi capturado polo conde Hermenexildo Gutérrez e entregado ó rei Afonso III, quen o privou do título de dux e das súas propiedades. Preso nun alxube por orde do rei, morreu ó pouco tempo. O dux Witiza tería a súa principal área de influencia na zona do río Miño.