Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Places | Spain | |
Gender |
| |
Birth | 22 December 1919 | |
Age | 105 years |
Biography
José Luis Botana Pedreira, máis coñecido como Waldo Botana, nado en Rutis, Culleredo o 22 de decembro de 1919 e finado na década de 1960 na Coruña, foi un futbolista galego.
Traxectoria
O seu primeiro equipo foi o Rápido de Rutis, xogando posteriormente no Arsenal de Santa Lucía. Na tempada 1935-1936 pasou ao Real Club Deportivo da Coruña e pronto xogaría no equipo titular.
A guerra civil española levouno a terras valenciás e aló ingresou no Recuperación de Levante, xogando o campionato rexional e outro de clasificación para a Copa. Na tempada 1939-1940 pasou ao Valencia CF. Xogou varios partidos e figurou como suplente na final da Copa del Generalísimo fronte o RCD Español de Barcelona. Na tempada 1941-1942 Botana marchou para o CD Alcoyano, onde habería permanecer sete tempadas, varias delas na Primeira División española de fútbol.
Na tempada 1949–50 volveu para o Deportivo da Coruña, adestrado por Alejandro Scopelli. Na súa primeira campaña formou parte do mediocampo titular, xunto con Dagoberto Moll, Manuel Guimeráns e Juanete. Ese ano participou en 26 partidos e o Deportivo foi subcampión, cun punto menos que o líder, o Atlético de Madrid. Na 1950–51 participou en 12 encontros.
O 27 de novembro de 1950 sufriu unha grave lesión en Riazor (fractura de tibia e peroné) xogando contra o Sevilla FC, o que adiantaría a súa retirada, con 31 anos. Porén, xogaría algún partido máis co filial Deportivo Juvenil. Unha vez retirado da actividade futbolística, pertenceu ao cadro técnico do club coruñés e tivo un establecemento de venda de material deportivo co tamén xogador deportivista Julián Cuenca na rúa de Santo André, que atendían persoalmente. Faleceu na Coruña nos anos 60.
Palmarés
- Valencia
- Liga de España: 1941–42
- Copa do Rei: 1941