Vicente López Novo

The basics

Quick Facts

PlacesSpain
Gender
Male
Death1948
The details

Biography

Vicente López Novo, Rufino, nado en Santa Uxía de Ribeira e finado en Teo o 19 de maio de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

Militante da CNT. Formou parte da V Agrupación do Exercito Guerrilleiro liderada por Benigno Andrade Foucellas e José Ramuñán Barreiro Ricardito. Nos primeiros meses de 1948 Foucellas decidiu dividir o grupo e constituír dúas partidas: unha comandada por Miguel Nicolás Esperante Corcheiro e a outra por Vicente López; pero coa morte de Corcheiro en Silleda o 9 de abril, as dúas partidas volveron reunificarse. O seu grupo foi avistado pola Garda civil en Loureiro (Luou) o 19 de maio de 1948. A benemérita incendiou a casa onde se refuxiaban os guerrilleiros e Vicente morreu polos disparos das metralladoras xunto a Manuel Agrasar Cajaraville, Florentino Menéndez e Ricardo Fernández Carles. Foucellas e Ricardito lograron fuxir.

Véxase tamén

Bibliografía

  •  

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.