Vanessa Glemsel

Cursou o Grao en Estudos de Galego e Espa\u00F1ol na Universidade de Vigo. Formouse en improvisaci\u00F3n teatral, t\u00E9cnica vocal, teatro, escritura creativa e creaci\u00F3n po\u00E9tica. Desde hai anos desenvolve propostas atrav\u00E9s da spoken
The basics

Quick Facts

IntroCursou o Grao en Estudos de Galego e Espa\u00F1ol na Universidade de Vigo. Formouse en improvisaci\u00F3n teatral, t\u00E9cnica vocal, teatro, escritura creativa e creaci\u00F3n po\u00E9tica. Desde hai anos desenvolve propostas atrav\u00E9s da spoken
PlacesSpain
isPoet Philologist
Work fieldLiterature Social science
Gender
Female
Birth1987, Castrelos, Vigo, Pontevedra Province, Spain
Age38 years
Education
Vigo University
The details

Biography

Vanesa Ferreira, nada en Castrelos (Vigo) en 1987, é unha creadora, docente e editora galega, máis coñecida como Vanessa Glemsel.

Traxectoria

Graduada en Estudos de Galego e Español na Universidade de Vigo e posgraduada en Xestión e Planificación Editorial. Forma parte do proxecto de poesía escénica Dúas Gamberras e un Micro canda Nuria Vilán Prado. Participou na creación e representación da peza de intervención escénica Campo de Batalla do Grupo F, colaborou no espectáculo Por Xela! de A banda da Loba canda outras poetas (Estíbaliz Espinosa, Helena Salgueiro e Nuria Vilán), ademais de en múltiples festivais e eventos poéticos nacionais e internacionais. Realizou traducións para o escenario e o audiovisual. Colabora na organización e produción de eventos culturais e desenvolve proxectos de edición, fundadora e directora do selo Edicións e Producións Fetiche. Colaborou na organización e produción de distintos eventos culturais vencellados á arte e á cultura. Interveu como colaboradora na revista Tempos Novos. Imparte aulas lingua, cultura e literatura galega como lectora na Universidade de Estremadura, un curso de Escrita e Tradición literaria galega na escola de escrita creativa Aliteraclara, alén de diversos obradoiros de creación relacionados coa literatura e a escena.

Obras

Poesía

  • Sutura, Urutau, 2019.

Obras colectivas

  • Dentes para a mazá, Chan da Pólvora, 2018
  • Trobeir*s do século XXI, Chan da Pólvora, 2019

Notas

  1. Vanessa Glemsel en Facendo libros.
  2. Sutura

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 21 Dec 2023. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.