Terutoshi Ishigi, nado no Xapón no século XX, é un enxeñeiro autodidacta, propietario dunha fábrica de ferro preto de Toquio, e un dos titulares da patente do cubo de Rubik (coñecido en Xapón como "cubo de paciencia" 忍耐キューブ).
Traxectoria
O 12 de outubro de 1976, aproximadamente un ano despois de que Ernő Rubik patentase este xogo, puzzle ou xoguete en 1975, recibiu a súa forma 3x3x3 da Oficina de Patentes do Xapón co número JP55‒8192. Aceptouse que Ishigi fixo o mesmo invento de forma independente.
Outros casos
- Uwe Mèffert - Creador do Pyraminx, un puzzle en forma de tetraedro, e o Megaminx, semellante ao cubo de Rubik pero coa forma dun dodecaedro, e o skewb.
- Tony Fisher - Deseñador británico de xoguetes rotacionais, recoñecido polo Libro Guinness como o creador do cubo de Rubik máis grande do mundo, e tamén do máis pequeno. Dende 1981, Fisher deseñou uns 100 crebacabezas.
- Vojtěch Kopský - Aínda que non é tan coñecido como Rubik, Kopský recibiu unha patente checoslovaca por un puzzle tridimensional antes da patente do cubo de Rubik. O seu deseño era diferente, pero mostra o interese en puzzles mecánicos tridimensionais nesa época.
- Larry D. Nichols - En 1972, patentou nos EUA un puzzle 2x2x2 cun mecanismo de bloqueo, que inventara na década de 1950, considerado un precursor do cubo de Rubik. Aínda que o seu era máis sinxelo, a idea central de pezas móbiles que forman un cubo é similar, e a súa patente mencionaba a posibilidade de facer cubos similares con máis pezas. En 1986 un Tribunal de Apelacións ditaminou que o minicubo de Rubik 2×2×2 infrinxía a patente, pero non o cubo de 3×3×3.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
| Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |