Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
was | Journalist Opinion journalist Sociologist Educator | |
Work field | Academia Journalism Social science | |
Gender |
| |
Religion: | Catholic church Belarusian greek catholic church | |
Birth | 6 February 1906 | |
Death | 2 October 1975London, UK (aged 69 years) | |
Star sign | Aquarius |
Biography
Tamaš Padziava (en belaruso: Тамаш Падзява), nado o 6 de febreiro de 1906 no distrito de Miory (Belarús) e finado o 2 de outubro de 1975 en Londres, foi un teólogo e relixioso católico belaruso.
Traxectoria
Logo de rematar a súa educación básica, estudou no ximnasio Stefan Batory dos marianos en Druja. En 1926 ingresou na Congregación dos Padres Marianos, facendo os votos en 1927. Entre 1929 e 1935 estudou en Roma, no Pontificio Colexio Ruso e na Pontificia Universidade Gregoriana, doutorándose en Filosofía en 1931 e licenciándose en Teoloxía en 1935. O 23 de decembro de 1934 foi ordenado sacerdote por Mykolai Charnetskyi.
Comezou o seu ministerio na rexión de Harbin, en Manchuria, onde foi profesor no Liceo de San Nicolao e en dúas escolas femininas das ursulinas.
O 22 de decembro de 1948 foi expulsado da China e entregado ás autoridades soviéticas. Foi arrestado pola NKVD en Chita, onde estivo arredor dun ano. En 1949 foi sentenciado a 25 anos de traballos forzados, e foi enviado ao campo de Taishet. En 1955 foi liberado e deportado a Polonia, residindo inicialmente no mosteiro de Grudziądz, e posteriormente nos de Gietrzwałd, Varsovia, Głuchołazy, novamente en Grudziądz, Licheń Stary e Włocławek.
Na década de 1960 acadou sona pola súa labor ecuménica, difundindo os seus coñecementos sobre as igrexas católicas orientais. Publicou artigos nas revistas Božym šliacham e Źnič, e colaborou na sección belarusa de Radio Vaticana. En 1969 marchou a Roma, e logo dun breve período, trasladouse a Londres, onde exerceu o seu ministerio entre os belarusos da diáspora.
Notas
- ↑ Маракоў, Леанід (2003). Рэпрэсаваныа литаратары, навукоўцы, работники асветы, грамадскія и культурныя дзеячы Беларусі: 1794-1991 (en belaruso). pp. 126–127. ISBN 9789856374053.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- "Героі Беларускай Грэка-каталіцкай Царквы: ераманах Тамаш (Падзява) - святар і філосаф" [Heroes da Igrexa greco-católica belarusa: o monxe Tamaš (Padziava) - sacerdote e filósofo]. Radio Vaticana (en belaruso). 26 de febreiro de 2012. Consultado o 19/10/2018.