Silvester Nauli

Swiss numismatist
The basics

Quick Facts

IntroSwiss numismatist
PlacesSwitzerland
wasNumismatist
Gender
Male
Birth1922, Tomils, Domleschg, Viamala Region, Switzerland
Death1988 (aged 66 years)
Awards
Otto Paul Wenger Prize 
The details

Biography

Silvester Nauli, nado en Tomils, Grisóns, en 1922 e finado en 1988, foi un numismático suízo.

Traxectoria

Primeiros anos e formación

Silvester Nauli naceu no antigo municipio de Tomils, actualmente Domleschg, no cantón dos Grisóns, e aínda sendo un neno traballou como pastor e mozo de hotel. Na súa xuventude foi tamén condutor e maquinista da compañía de ferrocarrís de Suíza.

O seu interese pola historia manifestouse axiña. Aínda que non chegou a completar o ensino secundario, frecuentou as conferencias e os seminarios do profesor Emil Vogt sobre prehistoria e historia antiga na Universidade de Zürich.

Carreira profesional

En 1964 comezou a traballar como técnico de escavación no Departamento de Conservación de Mionumentos de Zürich e en 1967 regresou á súa terra natal ao se crear o Servizo Arqueolóxico dos Grisóns.

En 1976 trasladouse ao Museo Rético de Coira como axudante científico e alí encargouse da colección numismática e do Departamento de Prehistoria e Historia Antiga durante once anos, ata a súa xubilación en 1987. Neste período investigou sobre as moedas dos Grisóns presentes en coleccións estranxeiras, así como sobre os antecedentes históricos destas emisións.

Recoñecementos

  • (1986): Premio Otto Paul Wenger, da Asociación de Numismáticos Profesionais Suízos.

Publicacións

Silvester Nauli non foi un autor prolífico, esta é unha escolma das súas escasas publicacións:

  • (1976). "Zwei spätmittelalterliche Schwerter aus Malans". En Schweizer Münzblätter. Vol. 7-8. Páxinas 195-202.
  • (1978). "Ein Gold-Hortfund von Rhäzüns aus dem Jahre 1951". En Schweizer Münzblätter. Vol. 29-32. Nº 112. Páxinas 95-108.
  • (1981). Schriften zur urgeschichtlichen und römischen Besiedlung des Engadins (con H Conrad). B. Bardola-Conrad, lavin/Pontresina.
  • (1982). Archäologisches aus Tomils: Ausgrabungen des Rätischen Museums auf dem Kirchhügel 1964/65. Rätisches Museum, Coira.

Notas

  1. Geiger, H-U. (1988).
  2. "Otto Paul Wenger-Preis". Numis Post (www.numis-online-ch).
  3. "Nauli, S.". WorldCat Identities.

Véxase tamén

Bibliografía

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 15 Jan 2024. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.