Sebastián González García-Paz

Historien et archéologue espagnol
The basics

Quick Facts

IntroHistorien et archéologue espagnol
PlacesSpain
wasArchaeologist Historian
Work fieldSocial science
Gender
Male
Birth16 May 1908
Death5 August 1967 (aged 59 years)
The details

Biography

Sebastián González García-Paz, nado en Pontevedra o 16 de maio de 1908 e finado na mesma cidade o 5 de agosto de 1967, foi un historiador e arqueólogo galego.

Traxectoria

De pé, de esquerda a dereita: Sebastián González, Eladio Rodríguez González, Enrique Peinador, Gonzalo López Abente, Pura González Varela (muller de Lugrís), Celia Brañas Fernández, Otero Pedrayo, David Fernández Diéguez, Ángel del Castillo e Fernando Cortés Bugía. Sentados Fernando Martínez Morás, Castelao, Manuel Lugrís Freire, Antón Villar Ponte e Félix Estrada Catoyra.

Fillo de Bernardino González Paz. Estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Fixo o doutoramento en Filosofía e Letras en Madrid (1930), coa tese El colegio de San Clemente de Pasantes de Compostela. Regresou a Compostela e obtivo a praza de auxiliar da Sección de Arte e tivo ao seu cargo as cátedras de Arqueoloxía e Historia da Arte. En 1931 conseguiu unha bolsa para ampliar os estudos de prehistoria e estivo en Francia e Alemaña. Colaborou co Seminario de Estudos Galegos, do que foi membro do Consello Director e para o que logrou uns locais no edificio de Fonseca, onde se instalaron a biblioteca e o museo de etnografía. participou xunto a Florentino López Cuevillas no proxecto de catalogación dos castros galegos e escavou, entre outros, os castros de Domaio, Santa Trega, Taboexa e San Cibrao de Las. Formou parte das Irmandades da Fala e asistiu á asemblea que se organizou na Coruña; máis tarde ingresou no Partido Galeguista. Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

Trala Guerra Civil, e como consecuencia da súa pertenza ás Irmandades da Fala e ao Partido Galeguista, exiliouse en Puerto Rico, onde foi decano da Universidade de Puerto Rico, posto desde o que fomentou a fundación do Coro Universitario, do Museo da Universidade, do Seminario de Estudios de Puerto Rico e dun centro de Escavacións Arqueolóxicas. Polo seu traballo, o claustro nomeouno decano de estudos, reitor interino e senador vitalicio.

Obras

  • La Universidad de Santiago: el pasado y el presente, 1934 (en colaboración con Ciriaco Pérez Bustamante).
  • Sobre Domingo de Andrade, 1935.
  • Sobre plateros pontevedreses, 1965.
  • Pontevedra a fines del siglo XVI: tres dibujos desconocidos, 1965.

Artigos

  • "La población de Nueva España en el siglo XVI", en Boletín de la Biblioteca Menéndez Pelayo, con Ciriaco Pérez Bustamante.
  • "O tesouro de Foxados", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, con Jesús Carro.
  • "Noticias de las exploraciones arqueológicas en los castros de Borneiro y Baroña", en Boletín da Universidade de Santiago de Compostela (1934).
  • "La juventud del padre Rufo", en Extramuros (1963), da Universidade de Porto Rico.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  •  

Outros artigos

  • Daría González García (irmá)

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.