Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Intro | guerrilleiro antifranquista galego | |
Places | Spain | |
is | Resistance fighter | |
Work field | Activism Military | |
Gender |
| |
Death | 5 May 1986 |
Biography
Rosendo Sar Lantes, nado en Almeiras (Culleredo) e finado na mesma parroquia o 5 de maio de 1986, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Fillo de Rosendo Sar Lantes, presidente da Sección de Unión Mutualista Campesina de Almeiras, e Silvestra Lantes Pan. Incorporouse á guerrilla en 1948, ao destacamento Manuel Bello. A finais de 1948 aparece formando parte do grupo capitaneado por Adolfo Allegue Allegue. Enfermo, un veciño de Mande de Bascoi, Manuel Sánchez, cunha manta que lle facilitaron, levouno a un monte para agochalo, e facilitoulle comida nos dous días que pensaba estar alí. Denunciado á Garda Civil, parece que foi avisado. Crese que se entregou, pois unha testemuña que o coñeceu, familiar de guerrilleiros, visitouno en Almeiras a principios dos anos oitenta. Finou en Almeiras aos 77 anos.
Vida persoal
Casou con Dolores Bermúdez Lamas.
Notas
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 6-5-1986, p. 61.
Véxase tamén
Bibliografía
- Martínez, Lupe (2007). Coa man armada. "Ejercito Guerrillero de Galicia" -IV Agrupación- 1946 - 1948. Vigo: A Nosa Terra. pp. 127–128, 190. ISBN 978-84-8341-166-7.