Rogelio Alonso Chao

Sindicalista e político galego
The basics

Quick Facts

IntroSindicalista e político galego
PlacesSpain
isActivist Trade unionist Politician
Work fieldActivism Politics
Gender
Male
Birth30 August 1909, Spain
DeathArgentina, Argentina
Star signVirgo
The details

Biography

Rogelio Alonso Chao, nado no Souto (Freás, Punxín) o 30 de agosto de 1909 e finado na Arxentina, foi un político galego.

Traxectoria

Foi o fundador do Sindicato de Oficios Varios da Castiñeira (Punxín) da CNT, con Manuel López Lamas, a principios da década de 1930. Detido en xullo de 1934 con Manuel Amil e José Moreno despois dunha xira de propaganda pola Limia e Monterrei, foi novamente maltratado pola garda civil en agosto e marchou traballar na construción do ferrocarril en Requeixo de Seabra, onde participou na organización de sindicatos da CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Portugal e despois pasou a Madrid, onde participou na Agrupación de Gallegos Libertarios, da que foi nomeado delegado de Trabajo y Solidaridad en 1938. Ao final da guerra, regresou a Punxín, onde foi arrestado e condenado a 20 anos de prisión en maio de 1943, posteriormente conmutada por 12 anos. Estivo na Prisión Provincial de Ourense ata que obtivo a liberdade condicional en xuño de 1943. En outubro de 1946 residía en Punxín e solicitou a liberdade definitiva, para ir ás feiras a vender gando. Para escapar da represión, marchou a Arxentina.

Notas

  1. BOE, 24-7-1943, p. 7158.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 05 May 2020. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.