Robert W. Hoge

American numismatist
The basics

Quick Facts

IntroAmerican numismatist
PlacesUnited States of America
isNumismatist
Gender
Male
Birth1 May 1947, Wilmington, New Castle County, Delaware, USA
Age77 years
Star signTaurus
The details

Biography

Robert Wilson Hoge, nado en Wilmington, Delaware, o 1 de maio de 1947, é un numismático, conservador e director de museo estadounidense.

Traxectoria

Primeiros anos e formación

Nado en Delaware, a familia de Robert W. Hoge trasladouse a Colorado cando o seu pai causou baixa no exército dos Estados Unidos. Na súa infancia comezou a amosar interese pola historia, a arqueoloxía e o coleccionismo, inicialmente de obxectos militares e despois tamén de moedas.

Hoge cursou os seus estudos superiores de Antropoloxía, Historia, Xeografía e Educación na Universidade de Colorado, onde se graduou en 1969. Posteriormente realizou estudos de posgrao nesa mesma institución académica e na Universidade de Chicago.

Carreira profesional

A súa actividade profesional transcorreu en diversos postos como profesor universitario, director de museo e conservador. Entre 1976 e 1981 asumiu a dirección do Sanford Museum and Planetarium en Cherokee, Iowa.

No ámbito numismático foi conservador no museo da American Numismatic Association (ANA), en Colorado Springs, entre agosto de 1981 e agosto de 2001. Ese último ano trasladouse a Nova York para desempeñar o mesmo posto na American Numismatic Society (ANS) ata a súa xubilación en abril de 2013.

Hoge foi presidente do Buena Vista Coin Club, de Storm Lake, Iowa, entre 1980 e 1981. Así mesmo, foi xuíz principal da American Numismatic Association en 1982.

Hoge foi colaborador habitual na sección "Curator's Comer" da revista The Numismatist a partir de 1983. Tamén escribiu varios capítulos de libros e numerosos artigos na ANS Magazine, sinaladamente na súa sección "Current Cabinet Activities".

Robert W. Hoge é membro da Rittenhouse Society.

En 2012 foi nomeado pola US Mint membro do Comité Consultivo Cidadán sobre a Moeda dos Estados Unidos.

Vida persoal

En decembro de 2012 Hoge casou coa historiadora Inmaculada Socias i Batet, profesora da Universidade de Barcelona.

Recoñecementos

  • (2012): Premio Burnett Anderson Memorial, da ANA, a ANS e o Numismatic Literary Guild (NLG).

Notas

  1. Orzano, M. (2013).
  2. Smith, P. (2012).
  3. "Mint appoints CCAC members". En Numismatic News. 12 de abril de 2012.
  4. "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 04 Mar 2024. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.