Ricardo Pérez Queiruga

Spanish politician
The basics

Quick Facts

IntroSpanish politician
PlacesSpain
wasPolitician
Work fieldPolitics
Gender
Male
Birth10 March 1929
Death11 May 2017 (aged 88 years)
The details

Biography

Ricardo Pérez Queiruga, nado en Ribeira o 10 de marzo de 1929, e finado ibídem o 11 de maio de 2017, foi un mestre, empresario e político galego.

Traxectoria

Pérez Queiruga traballou como profesor de educación física. Foi destinado ao Bierzo como profesor. Alí, foi nomeado alcalde do concello de Berlanga del Bierzo (León) en 1963, e permaneceu no posto ata 1965. Nese ano trasladouse a Ribeira para ocupar unha praza de docente na escola de Aguiño, que simultaneou tamén traballando no Colexio Galaxia, un centro de ensino local, onde estivo dando clase durnte unha década, ata 1975. Tamén deu clase de bacharelato en Ribeira. Durante un breve tempo tamén traballou como director da Caixa de Aforros de Santiago en Aguiño, foi patrón maior de Aguiño e ademais creou en 1974 unha empresa de fabricación de anzois para pesca, A Poutada, que acabou evolucionando nunha firma de material de pesca e de navegación deportiva.

O gobernador civil da Coruña, Miguel Vaquer, nomeouno alcalde de Ribeira en 1975. Permaneceu no cargo ata as primeiras eleccións municipais, de 1979. Deputado autonómico e portavoz de Alianza Popular no Parlamento de Galicia na I e II lexislaturas (1981-1989), ocupou ademais o cargo de director xeral de Pesca da Xunta de Galicia no goberno de Xerardo Fernández Albor.

Nas eleccións de 1987 presentouse a alcaldía de Ribeira por AP, e se ben conseguiu só cinco concelleiros e quedou segunda forza, obtivo a alcaldía ao pactar con outras forzas políticas (o CDS e a CPG. En 1989 superou unha moción de censura. Ocupou a alcaldía durante catro anos. Foi deputado provincial (1987-1991). Nas eleccións de 1989 foi elixido senador pola provincia da Coruña na IV lexislatura (1989-1993).

Xa xubilado, licenciouse en Ciencias políticas á idade de 75 anos.


Predecesor:
Ángel Abalo de la Torre
 
alcalde de Ribeira
 
1975 - 1978
Sucesor:
Lisardo Valeiras
Predecesor:
José Antonio Ventoso Mariño
 
alcalde de Ribeira
 
1987 - 1991
Sucesor:
José Luis Torres Colomer

Notas

Véxase tamén

Outras páxinas

  • Eleccións municipais en Ribeira

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.