Biography
Lists
Also Viewed
The basics
Quick Facts
Places | Spain | |
Gender |
| |
Birth | 1966, Ourense | |
Age | 59 years |
The details
Biography
Raúl Gómez Pato, nado en Ourense en 1966, é un poeta e tradutor galego.
Traxectoria
Licenciado en Filoloxía Clásica pola USC, imparte clase de Latín e Grego. Realizou varias exposicións como pintor e gravador, e ilustrou libros e revistas. Como poeta publicou cinco libros. Traduciu ao galego un bestiario medieval, a obra completa de Safo, unha antoloxía do poeta escocés Robert Burns, e a primeira parte da obra de Nicolás Chamfort, Produtos da civilización perfeccionada.[Cómpre referencia]
Desde 2015 dirixe a colección Vetera da Editorial Rinoceronte, destinada á tradución á lingua galega de textos anteriores ao ano 1900.[Cómpre referencia]
Obra
Poesía
- Choiva, vapor e velocidade, 1999, Positivas.
- A casa deshabitada da familia Pena, 2001, Positivas.
- Verba quae supersunt, 2003, Positivas.
- Tratado de Zooloxía para corazóns mancados, 2009, Positivas.
- Máscaras de espellos, 2016, Espiral Maior.
Literatura infanto-xuvenil
- Cousas de papá, 2016, Xerais.
Traducións
- Libellus de natura animalium = Libriño sobre a natureza dos animais (un bestiario medieval), 1999, Positivas.
- Cantos e fragmentos, de Safo, 2008, Positivas.
- Unha rosa encarnada, de Robert Burns, 2014, Positivas.
- Produtos da civilización perfeccionada (I. Máximas e pensamentos.Pequenos diálogos filosóficos), de Nicolas Chamfort, 2016, Rinoceronte.
Obras colectivas
- Xuro que nunca volverei pasar fame, 2003, Difusora.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
- Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero, 2007, Espiral Maior.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Premios
- I Premio Xosé María Díaz Castro de poesía do Concello de Guitiriz en 2016, por Máscaras de espellos.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Raúl Gómez Pato na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.