Raquel Arias

Spanish politician
The basics

Quick Facts

IntroSpanish politician
PlacesSpain
isPolitician
Work fieldPolitics
Gender
Female
Birth2 April 1966
Age58 years
The details

Biography

Raquel Arias Rodríguez, nada en Proendos (Sober) o 2 de abril de 1966, é unha xornalista e política galega do PPdeG.

Traxectoria

Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou en Radiocadena Española e Radio Nacional de España. Foi redactora de informativos na Radio Galega en Santiago de Compostela. Tamén colaborou nos xornais El Progreso e La Voz de Galicia e foi correspondente de El Mundo na provincia de Ourense. De 1996 a 1999 foi responsable do gabinete de prensa do concello de Monforte de Lemos.

Foi alcaldesa de Sober polo PPdeG entre 1999 e 2009 e deputada provincial entre 1999 e 2003 e 2007 e 2008. Foi elixida deputada no Congreso pola provincia de Lugo nas eleccións xerais de 2008. Dimitiu como deputada en 2009 para desempeñar o cargo de delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo. Foi elixida deputada do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012.


Predecesor:
Jesús Vázquez Pérez
 
Alcaldesa de Sober
 
1999 - 2009
Sucesor:
José Gómez Vázquez

Na actualidade exerce o cargo de Delegada Territorial da Xunta de Galicia e forma parte da Executiva do PPdeG como coordinadora de Medio Rural. Tamén optou á presidencia provincial do Partido Popular de Lugo, pero resultou derrotada, pola actual alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  •  

Outros artigos

  • Eleccións municipais en Sober

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.