Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Places | Spain | |
Gender |
| |
Birth | 28 May 1923 | |
Death | 12 June 2008 (aged 85 years) |
Biography
Ramón Varela Núñez, nado en Santiago de Compostela o 28 de maio de 1923 e falecido na mesma cidade o 12 de xuño de 2008, foi un médico galego.
Traxectoria
Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago, doutorouse en medicina e cirurxía pola Universidade Complutense de Madrid, cunha tese sobre as alteracións producidas nos órganos dos animais de laboratorio sometidos a baixas temperaturas. Comezou a traballar como profesor axudante na Universidade de Santiago en 1947 ata que conseguiu praza de catedrático na Universidade de Sevilla (1963).
Dous anos máis tarde trasladouse de novo a Santiago xa como catedrático de histoloxía e anatomía patolóxica, onde ocupou diversos cargos administrativos tanto na facultade como no equipo reitoral da universidade, e onde foi decano de medicina entre 1970 e 1978. A súa liña principal de investigación foi a patoloxía tumoral.
Era membro da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, onde ocupaba a cadeira de anatomía patolóxica.
Galardóns
- Medalla Castelao, 1996
- Fillo adoptivo de Pontevedra
- Premio de Investigación de Galicia en 1996.