Ramón Fraga Couceiro

The basics

Quick Facts

PlacesSpain
Gender
Male
Birth1907
Death1945 (aged 38 years)
The details

Biography

Ramón Fraga Couceiro, Parara, nado en Centroña (Pontedeume) en 1907 e finado en Sillobre no inverno de 1945, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

Inspector de arbitrios. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 fuxiu e botouse ao monte. Foi xulgado en Ferrol por rebelión militar e declarado en rebeldía. Foi enlace da guerrilla na zona de Lugo. Despois dunha incursión en 1945 regresa á comarca do Eume e adopta unha dobre actitude, actúa como guerrilleiro no grupo de José Vázquez Mauriz e Ramiro Martínez López e realiza ataques pola súa conta (parece que esquilmado aos veciños da Capela para comprar un barco para fuxir a Francia). As súas actividades delitivas motivaron a súa eliminación pola propia guerrilla no monte Marraxón (Sillobre) no inverno de 1945. O seu corpo foi atopado no monte Marraxón o 17 de xaneiro de 1946.

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.