Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Intro | Spaans journalist (1848-1924) | |
Places | Spain | |
was | Journalist | |
Work field | Journalism | |
Gender |
| |
Birth | 1848 | |
Death | 22 May 1924 (aged 76 years) |
Biography
Ramón Díaz Freijo, nado en Viveiro en 1848 e finado na mesma vila o 22 de maio de 1924, foi un médico, político e xornalista galego.
Traxectoria
Iniciou estudos relixiosos, pero abandonounos para dedicarse á medicina. Activista revolucionario nos seus tempos mozos. Foi presidente do Comité Republicano de Viveiro, patrón do Colexio Insigne e director de Sanidade do Porto de Viveiro. Dirixiu o semanario El Vivariense na súa segunda etapa. Foi concelleiro de Viveiro.
Coñecido como "Pai dos pobres", pois atendía aos enfermos gratuitamente e, en ocasións, contribuía á compra de medicamentos e alimentos. Cos seus bens constituíuse en 1931 a Fundación Ramón Díaz Freijo onde atendían a doce pobres durante os meses de inverno. Os seus amigos erixiron un monumento na súa memoria en 1934.