Rafael Alonso Fernández

Spanish painter
The basics

Quick Facts

IntroSpanish painter
PlacesSpain
wasPainter
Work fieldArts
Gender
Male
Birth1924, Pontevedra, Pontevedra Province, Galicia, Spain
Death1995 (aged 71 years)
The details

Biography

Rafael Alonso Fernández nado en Pontevedra en 1924 e finado setembro en 1995, foi un pintor galego, especializado na acuarela.

Traxectoria

Comezou a estudar arquitectura en Madrid en 1946, mais deixouno ao pouco tempo. En 1947 fixo a súa primeira exposición en Vigo e Pontevedra simultaneamente. En 1952 marchou durante dous anos a París cunha pensión e alí coñeceu tendencias innovadoras (postimpresionismo, fauvismo, técnica de Duby...), que serviron de base para a súa propia creatividade.

Nos seus comezos a temática era máis paisaxística, derivando cara a formas esquemáticas.

Amigo do editor Sabino Torres, ilustrou a obra de Celso Emilio Ferreiro Musa alemá.

Recibiu a medalla de Ouro da primeira Bienal de Arte de Pontevedra (1970) e a da cuarta Bienal Internacional de Pontevedra (1980), os dous únicos concursos ós que se presentou. A súa obra está en poder de institucións como os Paradores Nacionais de Turismo, o BBVA, a Colección Afundación, o Museo Provincial de Pontevedra ou o Museo Municipal Quiñones de León de Vigo e coleccións privadas do Canadá, Cuba, Estados Unidos de América, Francia, Reino Unido, Rusia…

Notas

  1. Pablos, Francisco; A pintura en Galicia | La pintura en Galicia (edición bilingüe), pp. 176-178, Nigra Trea, 2003, ISBN 84-95364-15-8.
  2. Pablos, Francisco (1981). Plástica Gallega (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. pp. 88–89. ISBN 84-7231-603-3. 
  3. Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 21-22. 
  4. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). Grupo El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Proxecto Galicia, Tomo XVI, Arte Contemporáneo I. Hércules de Ediciones.
  • Diccionario enciclopédico galego universal 3. Ir Indo para La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 50. ISBN 84-7680-429-6. 
  • Enciclopedia Galega Universal 1. Ir Indo. 1999-2002. p. 367. ISBN 84-7680-288-9. 

Outros artigos

  • Colección Afundación

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 17 Aug 2020. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.