Pilar Pereira Carballo

The basics

Quick Facts

PlacesSpain
wasActor Stage actor Television actor Writer Playwright Theatre director Theater professional
Work fieldArts Film, TV, Stage & Radio Literature
Gender
Female
Birth4 July 1937, Santiago de Compostela, Spain
Death7 February 2020 (aged 82 years)
Star signCancer
Family
Children:Camila Bossa
The details

Biography

Pilar Pereira Carballo, nada en Santiago de Compostela o 4 de xullo de 1937 e finada o 7 de febreiro de 2020, foi unha actriz galega.

Traxectoria

Traballou na Cadena SER de Santiago en 1953. Nos anos cincuenta participou en montaxes teatrais con textos contemporáneos de Tennessee Williams, Samuel Beckett e Eugene O'Neill. En 1958 participou na Antígona de Jean Anouilh, a primeira obra en galego do Teatro Español Universitario de Santiago. Despois participou en Os homes poden ser deuses, de Gallego Tato. Nos anos sesenta trasladouse a Madrid para traballar con diferentes compañías e finalmente entrou no grupo independente Los Goliardos, co que levou a escena Ceremonia por un negro asesinado, de Fernando Arrabal. O grupo viaxou a Francia e Pilar quedou en París onde se uniu ao grupo La Carraca que tiña o teatro Les Trois Baudeux. Nos anos noventa retornou a Galicia e participou en montaxes do Centro Dramático Galego, Teatro do Atlántico, Teatro do Morcego, Sarabela Teatro, Compañía Marías e Factoría Teatro. Creou unha compañía teatral co seu nome coa que realizou espectáculos escritos por ela mesma como Un lunar vermello con pinguiñas azuis, dirixida por Quico Cadaval.

Filmes

  • Rafael
  • Nena
  • León e Olvido

Televisión

  • Mareas vivas
  • Rías Baixas
  • A familia Pita

Galardóns e nomeamentos

Premio de Honra Marisa Soto da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (2013).

Vida persoal

Era nai da actriz Camila Bossa.

Notas

  1. Falece a actriz Pilar Pereira
  2. "Quería saber quien era yo", La Voz de Galicia, Santiago, 14-4-1994, p. 43.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Control de autoridades
Control de autoridades
The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 18 Feb 2020. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.