Philip William Poole Carlyon-Britton

British numismatist
The basics

Quick Facts

IntroBritish numismatist
A.K.A.P W P Carlyon-Britton Major P W P Carlyon-Britton
A.K.A.P W P Carlyon-Britton Major P W P Carlyon-Britton
PlacesUnited Kingdom
isNumismatist
Work fieldSocial science
Gender
Male
Positions Held
President of the British Numismatic Society(1903—1908)
President of the British Numismatic Society(1910—1914)
President of the British Numismatic Society(1 January 1928—20 February 1928)
The details

Biography

Philip William Poole Carlyon-Britton, nado en Bristol o 13 de outubro de 1863 e finado en Fishbourne, Sussex, o 26 de xuño de 1938, foi un numismático inglés.

Traxectoria

Philip Carlyon-Britton naceu en Bristol, Gloucestershire, o 13 de outubro de 1863, fillo máis vello de Hannah Canter Poole e do empregado de banca Henry William Britton.

Carlyon-Britton estudou Dereito e exerceu a profesión de avogado.

Foi eilixido membro da Royal Numismatic Society, de Londres, en 1894.

En 1904 formou parte do grupo de numismáticos que fundaron unha nova sociedade, a British Numismatic Society. Foi tamén o primeiro presidente desta institución, ata 1908, e posteriormente no período 1910-1914 e novamente en 1928.

Carlyon-Britton foi tamén editor do xornal British Numismatic Journal, órgano de expresión da British numismatic Society, durante os seus dez primeiros números.

Philip Carlyon-Britton foi membro da Sociedade de Anticuarios de Londres.

Vida persoal

Philip Carlyon-Britton casou con Agnes Cassandra Carlyon o 8 de setembro de 1886, na igrexa de San Xoán Evanxelista de Clifton, Gloucestershire. A parella tivo catro fillos.

Faleceu aos 74 anos, o 26 de xuño de 1938, en Fishbourne, Sussex.

Recoñecementos

  • (1910): Medalla Sanford Saltus, da British Numismatic Society, de Londres.

A colección Carlyon-Britton

Como coleccionista logrou reunir unha importante colección de moedas e outros obxectos de orixe celta, romano-británica e normanda, que foi vendida en poxas públicas entre 1900 e 1918. Estes son os catálogos redactados para as devanditas poxas:

Publicacións

Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por Carlyon-Britton ao longo da súa historia:

Dereito

Numismática

  • (1902). On the coins of William I and II, and the sequence of types. Separata de Numismatic Chronicle, Londres.
  • (1902). William I & II: their mints and moneyers. Spink, Londres.

Notas

  1. Worthy, C. (1896). "The Brittons of Britton". Páxina 373.
  2. "Philip William Poole (Britton) Carlyon-Britton (1863 - 1938)". WikiTree.com
  3. "List of members". En The Numismatic Chronicle. Vol.XIX. 1899. Royal Numismatic Society. Páxina 5.
  4. "History: Presidents of the Society". British Numismatic Society.
  5. Shirley Fox, J. (1938). "Obituary: Major P. W. P. Carlyon-Britton". En British Numismatic Journal. Vol. 23. 14. Páxinas 169-170.
  6. "Carlyon-Britton, Philip William Poole, Major". British Numismatic Society.
  7. "Maj Phillip William Poole Carlyon-Britton". The British Museum.
  8. "Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society.
  9. "Carlyon-Britton, Philip William Poole 1863-1938 Arquivado 21 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  10. "Carlyon-Britton, P. W. P. (Philip William Poole) 1863-". WorldCat Identities.

Véxase tamén

Bibliografía

The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 30 Nov 2024. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.