Pepe Barro

Deseñador, ilustrador e escritor
The basics

Quick Facts

IntroDeseñador, ilustrador e escritor
PlacesSpain
isDesigner Artist Graphic designer Writer
Work fieldArts Creativity Literature
Gender
Male
Birth1955, Pontedeume, Spain
Age70 years
The details

Biography

Xosé Barro, coñecido como Pepe Barro, nado en 1955 en Pontedeume, é un deseñador, ilustrador e escritor galego.

Traxectoria

Primeiro como independente (1977), despois á fronte do Grupo Revisión (1985) ou desde Barro Deseño (2013) leva desenvolvendo traballos de deseño editorial coma o do semanario A Nosa Terra (1977), o Diario de Galicia (1987), a revista Tempos (1996), e as publicacións de Turgalicia entre 2001 e 2004. No 2000 o Museo Raíña Sofía elixiu o de Turgalicia como un dos cen logos do século XX. Tamén proxectou a identidade corporativa da Universidade da Coruña, o Consello da Cultura Galega, Edicións Xerais, Denodo e Culturgal. Tamén deseñou exposicións como a do centenario da Real Academia Galega (2006); Rosalía de Castro, no principio foi o verso (2013), ou a Casa-Museo Manuel Antonio (2011)

En 2016 deseñou as exposicións Con-fío en Galicia; Saúde e Terra, irmá(n)s!, centenario das Irmandades da Fala, Galicia 100, obxectos para contar unha cultura. En 2017 concluíu a renovación museolóxica e museográfica da Casa Museo de Rosalía. Outros traballos seus son os deseños para a selección galega de fútbol, a caixa de ovos do pazo de Vilane, os albariños Terra de Asorei e mesmo os primeiros «cuponazos» da ONCE. Ademais ilustrou libros como Arnoia, Arnoia ou Cantares gallegos.

É membro da Asociación Galega de Deseño (DAG).

Publicacións

  • O como é o que conta (2004), autoedición. Trinta artigos sobre o deseño, a cultura e a imaxe da cultura, edición de cen exemplares asinados e numerados.
  • Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza (2018), Xerais, 304 páx. ISBN 978-84-9121-426-7. Segundo a editora: "Velaquí cen historias da historia da nosa cultura, cen artigos que son un convite a debullar os códigos da comunicación visual".

Premios

  • Premio da Crítica Galega en 1983.
  • Premio Galicia de Deseño Ateneo de Ourense en 1984.
  • Premio Xerais á Cooperación Editorial en 2000.
  • Premio AEPD en 2006.
  • Premio de Honra do Cluster da Comunicación Gráfica de Galicia en 2017.

Notas

  1. "Ficha do autor en Xerais". xerais.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  2. "Barro, Salgado, Santana (Grupo Revisión Deseño)". gruporevision.net. Consultado o 20/12/2018. 
  3. "Barro Deseño". pepebarro.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  4. "feet 2010" (PDF). xunta.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  5. "Pepe Barro". didac.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  6. "A exposición ‘No principio foi o verso. Rosalía de Castro’ inaugurarase o 15 de maio". rosalia.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  7. "Casa museo Manuel Antonio". dag.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  8. "Con-Fío en Galicia". confioengalicia.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  9. "Saúde e terra, irmá(n)s" (PDF). academia.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  10. "«Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura» en A Coruña". afundacion.org. Consultado o 20/12/2018. 
  11. Pepe Barro, creador de la caja de huevo campero Pazo de Vilane (You Tube). 20/12/2018. 
  12. "Entrevista a Pepe Barro". dag.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  13. Ilustracións de Pepe Barro para 'Cantares gallegos' (You Tube). 20/12/2018. 
  14. "Socios". dag.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  15. "O como é o que conta. O libro achega un feixe de artigosde Pepe Barro sobre o deseño, a cultura e a imaxe da cultura.". dag.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  16. "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal. Consultado o 20/12/2018. 
  17. "Pepe Barro". premiosdacriticagalicia.org. Consultado o 20/12/2018. 
  18. "Pepe Barro". escolarte.com. Consultado o 20/12/2018. 
  19. "As tres Rosalías de Pepe Barro na EASD Antonio Faílde". dag.gal. Consultado o 20/12/2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Control de autoridades
Control de autoridades
The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 30 Dec 2019. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.