Pedro Feijoo

The basics

Quick Facts

A.K.A.Pedro Feijoo Barreiro
A.K.A.Pedro Feijoo Barreiro
PlacesSpain
Gender
Male
Birth23 November 1975, Vigo
Age49 years
The details

Biography

Pedro Feijoo Barreiro, nado en Vigo o 23 de novembro de 1975, é un músico e escritor galego.

Traxectoria

Filólogo de formación, exerceu como músico, produtor, compositor e membro dalgúns proxectos musicais galegos como Los Feliz e Lamatumbá. En 1997 publicou o seu primeiro libro, Cousas do «Galicia», por Castelao, no que se explica a relación de Castelao co xornal Galicia que dirixiu Valentín Paz-Andrade. En 2005 publicou Viva o Fu Remol!, unha crónica sobre os problemas do panorama musical galego. En 2011 publicou o relato "O segredo do viaduto" no libro XII Certame Literario de relatos curtos Os Viadutos. A súa primeira novela, Os fillos do mar (2012), foi finalista do Premio Xerais en 2011.

Obras

Narrativa

  • Os fillos do mar, 2012, Xerais.
  • A memoria da choiva, 2013, Xerais.
  • Morena, perigosa e románica, 2015, Xerais.
  • Os fillos do lume, 2017, Xerais

Ensaio

  • Cousas do "Galicia", por Castelao, 1997, Edicións do Castro.
  • Viva o Fu Remol!, 2005, Xerais.

Premios

  • Finalista do Premio Xerais no 2011, pol' Os fillos do mar.
  • Premio Arcebispo San Clemente no 2013, pol' Os fillos do mar.
  • Premio Frei Martín Sarmiento de Bacharelato e adultos en 2014, por Os fillos do mar.
  • Premio Arcebispo San Clemente no 2016, por A memoria da choiva.

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.