Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Intro | Spanish anthropologist | ||
Places | Spain | ||
is | Anthropologist | ||
Work field | Social science | ||
Gender |
| ||
Birth | 1956, Betanzos, A Coruña Province, Galicia, Spain | ||
Age | 69 years | ||
Family |
|
Biography
Paz Sofía Moreno Feliu, nada en Betanzos en 1956, é unha antropóloga galega.
Traxectoria
É catedrática de Antropoloxía Social na UNED. Levou a cabo traballo de campo en Galiza e o norte de Portugal e investigacións acerca de diversos problemas da Antropoloxía Económica.
Froito desas investigacións son as seguintes obras:
- "«Poxas»: porcos e santidade: o San Antonio do Monte" (1984). En Actas do II Coloquio de Antropoloxía. Santiago de Compostela. Museo do Pobo Galego, pp. 215–221.
- Traballos comunais no mundo rural: o sistema de axudas en Campo Lameiro.
- Da ficción do matriarcado á economía informal: modelos e relacións de xénero na cultura galega.
Tamén é autora de diversas publicacións sobre o racismo, os xenocidios e as condicións de vida na situación extrema dos campos de concentración, como Racismo, Heterofobia y Nacionalismo, Voces de Auschwitz, Sin parientes, La Economía Política del Exterminio, Introducción a los genocidios: una aproximación a la violencia comunal en el genocidio ruandés e En el corazón de la zona gris: Una lectura etnográfica de los campos de Auschwitz.
Editou o libro póstumo de Karl Polanyi El sustento del hombre, e xunto a Susana Narotzky, un volume monográfico sobre La reciprocidad, ademais de varios artigos, coma "Reciprocity’s Dark Side: Reciprocity, Morality and Social Theory".
É irmá da escritora Belén Feliú.
Obras
- Análisis del cambio en las sociedades campesinas. Un caso de estudio: Campo Lameiro (Pontevedra), 1982.
- ¿El dinero?, 1991.
- Entre las gracias y el molino satánico. Lecturas de antropología económica, 2005.
- En el corazón de la zona gris. Una lectura etnográfica de los campos de Auschwitz, 2010.
- La invención de la raza blanca: entre la igualdad política y la desigualdad de la naturaleza. En J Díaz y J Lasaga (eds) La razón y la vida. Madrid, Trotta, 2018.
- La cotidianeidad excepcional de la vida deshumanizada en Auschwitz. En Pedro Payá (ed) Desde las cenizas de Auschwitz. Historia, Memoria, Educación. Granada. Comares, 1919