Patricia Vázquez

The basics

Quick Facts

PlacesSpain
Gender
Female
The details

Biography

Patricia Vázquez García, nada no barrio de Vista Alegre de Santiago de Compostela,[cando?] é unha actriz galega

Traxectoria

Conta con máis de dúas décadas de experiencia no mundo do teatro profesional, tendo representado con compañías dramáticas como o Centro Dramático Galego, Escola Dramática Galega, Ollomol Tranvía ou Teatro da Lúa, sen esquecer a súa faceta de contacontos, que comezou realizando en parella con Carlos Blanco para logo continuar en solitario.

No ano 2005 funda a compañía teatral Sapristi, xunto con Nuria Sanz.

Ten realizado multitude de traballos na TVG, destacando o seu papel da xuíza Sabela Muiños nas últimas temporadas de Mareas vivas. Participou tamén nos programas Luar, Apaga a luz, O rei da comedia, O show dos Tonechos, Zaping Comando, Land Rober Tunai Show e Air Galicia da mesma canle, e colaborou nun episodio das series Hospital Central e M.I.R. de Telecinco.

Dende 2008 ata 2015 dou vida á personaxe de Lidia en Padre Casares e dende 2011 a Elvira en Era visto!

En cine traballou en Blanca Madison, na curtametraxe Aínda máis difícil e n´Os fenómenos.

Foi portavoz da Burla Negra, colectivo integrado na plataforma Nunca Máis, e en 2003 foi nas listas do BNG ao concello de Santiago.

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo

AnoCategoríaFilmeResultado
2013Mellor actrizEra visto!Nomeada

Notas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.