Olga Castro

Xornalista, tradutora e investigadora galega
The basics

Quick Facts

IntroXornalista, tradutora e investigadora galega
PlacesSpain
isProfessor Translator
Work fieldAcademia
Gender
Female
Birth1980, Lugo, Spain
Age45 years
The details

Biography

Olga Castro Vázquez, nada en Lugo en 1980 é unha estudosa da tradución e escritora galega, membro correspondente da Real Academia Galega dende 2017.

Traxectoria

De familia orixinaria da Mariña luguesa, licenciouse en xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e en tradución pola de Vigo. Dende 2011 traballa como profesora de tradución na Aston University, na localidade británica de Birmingham. Os seus principais campos de investigación son os relacionados co xénero, lingua e tradución, así como a tradución en culturas minorizadas, en especial na galega. Foi secretaria (2009-2012) e posteriormente vicepresidenta (2012-2015) da Asociación Internacional de Estudos Galegos .

No ano 2019 fixo parte, como primeira suplente, da candidatura do Bloque Nacionalista Galego ás eleccións ao parlamento europeo, celebradas o 26 de maio de 2019.

Obra

  • Manual de linguaxe inclusiva no ámbito universitario (con A. Bringas López, M. J. Fariña Busto, B. Martín Lucas, e B. Suárez Briones; Universidade de Vigo, 2012)
  • Feminismos (con María Reimóndez; Xerais, 2013)

Notas

Control de autoridades
Control de autoridades
The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 26 Dec 2019. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.