Montse Dopico

Spaans journaliste
The basics

Quick Facts

IntroSpaans journaliste
PlacesSpain
isJournalist Professor
Work fieldAcademia Journalism
Gender
Female
Birth1977, A Pontenova, Spain
Age48 years
The details

Biography

Montse Dopico, nada na Pontenova en 1977, é unha xornalista galega. Dende 2018 é profesora na Universidade de Santiago de Compostela.

Traxectoria

Estudou Xornalismo e Historia, Antropoloxía, Socioloxía e Ciencias Políticas. En 2012 colaborou co xornal El País.

En 2014 promoveu o espazo de xornalismo cultural Magazine Cultural Galego e participou no XI Simposio O libro e a lectura 2014: O libro e a lectura nos medios, na xornada A mediación cultural de Internet e no encontro 30 anos de novela negra galega organizado polo Consello da Cultura Galega.

Entre 2012 e 2019 traballa co xornal Praza Pública.

Recoñecemento

En 2017 recibiu o Premio de Xornalismo Johán Carballeira pola súa reportaxe "Galaxia vs Galaxia. A construción de hexemonía cultural", publicada na revista Luzes.

Notas

  1. "Horario". USC. Consultado o 2 de maio de 2018. 
  2. Horario do profesor para o curso académico 2018/2019
  3. "Montse Dopico". El País. Consultado o 2 de maio de 2015. 
  4. Lorenzo Gil, César. "Montse Dopico: “A maneira de demandar información cultural é lela, non chorar cando desaparece”". Consultado o 2 de maio de 2018. 
  5. "Montse Dopico". Consello da Cultura Galega. Consultado o 2 de maio de 2018. 
  6. "Montse Dopico". Praza Pública. Consultado o 2 de maio de 2018. 
  7. "O XIV Premio Johán Carballeira de Xornalismo premia a Montse Dopico e a María Obelleiro". AELG. Consultado o 2 de maio de 2018. 
  8. "HISTÓRICO DOS PREMIOS DE XORNALISMO JOHÁN CARBALLEIRA DE BUEU" (PDF). Concello de Bueu. Consultado o 2 de maio de 2018. 
The contents of this page are sourced from Wikipedia article on 26 Dec 2019. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.