Biography
Lists
Also Viewed
The basics
Quick Facts
Places | Spain | |
Gender |
| |
Birth | 28 November 1970, Xoibán, Vilalba, Vilalba, Lugo Province, Galicia | |
Age | 54 years |
The details
Biography
Martiño Maseda Lozano, nado en Xoibán (Vilalba) o 28 de novembro de 1970, é un escritor galego.
Traxectoria
Realizou o primeiro ciclo da Licenciatura de Filoloxía Hispánica no Colexio Universitario de Lugo, para completar o segundo ciclo na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en febreiro de 1994.
Tras traballar como axudante dunha industria cárnica e operario nunha empresa do sector lácteo. Exerce a actividade literaria e, ao tempo, é colaborador nun suplemento semanal do xornal El Progreso, no portal Galicia Dixital e tamén no xornal SERMOS GALIZA.
Obra
Poesía
- Nos labirintos da alma, 2011, Espiral Maior.
- Diario dun ser perdido, 2012, Instituto de Estudos Chairegos.
- Entre as paredes do silencio, 2013, Alvarellos.
- Fotogramas da desfeita, 2013, Instituto de Estudos Chairegos.
Obras colectivas
- Todo por unha teima e catro contos máis, 2000, Concello de Ourense/Agrupación de Libreiros.
- A endeble esencia, 2009, Concello de Lugo.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Premios
- Segundo premio no Certame Xuventude-98 de Narración da Xunta de Galicia no 1998.
- Gañador no Concurso Ourense de Contos para a mocidade no 1999.
- Gañador do Premio de poesía O poeta azul de Ferrol no 2000.
- Terceiro Premio no Certame Ágora Conto no 2001.
- Primeiro Premio de Poesía Pedro Alonso Morgado de Huelva no 2003.
- Mención no IV Certame Ágora Conto no 2003.
- Premio no Certame Literario de Vilalba no 2005, por Diario dun ser perdido.
- Gañador do Certame de Narración Curta Ánxel Fole de Lugo no 2009.
- Segundo premio de poesía do Certame Literario de Vilalba no 2010, por Nos labirintos da alma.
- Gañador do Certame de Narración Curta Ánxel Fole de Lugo no 2011.
- Segundo premio no XXXVII Certame Literario do Concello de Vilalba no 2011, por Entre as paredes do silencio.
- Terceiro Premio no IV Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro do Concello de Mondoñedo no 2015, por "A linguaxe das palabras rotas".