Marta Doviro

The basics

Quick Facts

PlacesSpain
Gender
Female
Birth1984
Age41 years
The details

Biography

Marta Pérez Torre, de nome artístico Marta Doviro, nada en Santiago de Compostela en 1984, é unha actriz e presentadora de televisión galega.

Traxectoria

Criouse entre Muxía e Corcubión e con 17 anos volveu a Santiago, onde estudou tres anos de Farmacia. Nesta etapa gañou o concurso de moda local organizado por El Corte Inglés e quedou finalista en dúas ocasións no concurso de moda Top Área Central. Logo deses tres anos decidiu mudar para Ourense onde finalmente se diplomou en Deseño de Produtos.

Logo desta etapa universitaria mudou para A Coruña onde estivo traballando no departamento de mercadotecnia da firma galega de moda Caramelo.

Presentou A mochila do viaxeiro en V Televisión, traballo polo que foi nomeada a un Premio Mestre Mateo no ano 2011 na categoría de Mellor Comunicadora. Na Televisión de Galicia presentou De quen vés sendo? en 2013, Somos ben Curiosos en 2015 e Máis galego nos veráns de 2014 e 2015 polo que foi finalista, de novo na categoría de mellor comunicadora, dos Mestre Mateo 2014.

Tamén presentou xunto a actriz Isabel Blanco o programa Especial 30 anos de Series da Television de Galicia e acompañou a Xosé Ramón Gayoso copresentando Luar en xullo do 2015. Ese mesmo verán retransmitiu en directo as fogueiras de San Xoán nun programa especial da TVG xunto a Lucía Rodríguez Vázquez e Bernardo Montaña.

No ámbito da interpretación puidémola ver como a "Doutora Pita" na serie de ficción Luci, producida por Portocabo e actualmente da vida a "Olalla" na serie Pazo de Familia desde a súa incorporación na 3ª temporada.

No verán de 2016 presentou Feirantes e Gastrópodos, cociña en ruta na TVG.

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo

AnoCategoríaTítuloResultado
2011Mellor comunicadorA mochila do viaxeiroNomeada
2014Mellor comunicadorMáis galegoNomeada

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.