Biography
Lists
Also Viewed
The basics
Quick Facts
Places | Spain | |
Gender |
| |
Birth | 1973, Lugo | |
Age | 52 years |
The details
Biography
María López Sández, nada en Lugo en 1973, é unha filóloga e ensaísta galega.
Traxectoria
Licenciada en Filoloxía Hispánica, Inglesa e Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, e doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada por esta universidade coa tese A descrición topográfica, o seu papel na construción dun imaxinario cultural no discurso literario galego ("Cantares gallegos", "Arredor de si" e o ciclo textual de "Tagen Ata"). Imparte docencia no ensino secundario, sendo tamén profesora asociada na Facultade de Ciencias da Educación da USC. O seu labor de investigadora centrouse na relación da literatura galega co imaxinario paisaxístico e co espazo urbano, así como no estudo da cartografía como semiótica do espazo.
Obra en galego
Ensaio
- Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio, 2008, Galaxia.
Narrativa
- A forma das nubes, 2012, Galaxia.
- O faro escuro, 2015, Galaxia.
Premios
- Premio Ramón Piñeiro de Ensaio no 2007, por Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio.
- Premio Narrativa Breve Repsol no 2012, por A forma das nubes.
- Finalista do premio de Novela por Entregas da Voz de Galicia por O faro escuro.