Biography
Lists
Also Viewed
Quick Facts
Intro | American journalist and numismatist | |
Places | United States of America | |
was | Journalist Numismatist | |
Work field | Journalism Social science | |
Gender |
| |
Birth | 17 October 1919, Dayton, Montgomery County, Ohio, USA | |
Death | 26 January 2005Sidney, Shelby County, Ohio, USA (aged 85 years) | |
Star sign | Libra |
Biography
Margaret Russell (máis coñecida como Margo Russell), nada o 17 de outubro de 1919 en Dayton (Ohio) e finada o 26 de xaneiro de 2015 en Sidney (Ohio), foi unha xornalista e editora estadounidense que dirixiu a revista numismática Coin World entre os anos 1962 e 1985.
Traxectoria
Nada na localidade de Dayton, en Ohio, aos sete anos trasladouse coa súa familia a Sidney, no mesmo Estado, onde se graduou en educación secundaria durante a Gran Depresión. Margo Russell comezou a súa carreira xornalística aos 17 anos no xornal local Sidney Daily News.
Nesta primeira etapa da súa carreira foi moi recoñecida polas súas reportaxes, especialmente pola súa cobertura da segunda guerra mundial. Foi tamén moi activa na Asociación de Mulleres Xornalistas de Ohio e foi correspondente do Dayton Journal-Herald.
En 1960 ingresou como investigadora histórica no equipo editorial da nova revista numismática Coin World, creada nese mesmo ano na mesma localidade por J. Oliver Amos, que tamén fora o fundador do Sidney Daily News. Dous anos despois, Russell foi ascendida a editora executiva e redactora, e en 1967 acadou o posto de editora xefa de Coins World.
Durante a súa etapa á fronte da revista, Russell mantivo un contacto estreito co Departamento do Tesouro, e tamén coa Casa da Moeda dos EEUU e coa Oficina de Gravado e Impresión. Así mesmo, en ocasións foi requirida para declarar ante diversos comités da Cámara de Representantes e do Senado dese país, en relación con temas relativos ao coleccionismo numismático.
En 1964, o presidente Lyndon Johnson nomeouna membro da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos, organismo encargado de certificar que as moedas do país cumpran os requisitos legais establecidos. Entre outros moitos comités asesores, en 1970 entrou a formar parte do creado para a emisión das moedas e as medallas conmemorativas do bicentenario da declaración de independencia dos EEUU, e a partir de 1972 presidiu este comité.
Entre outras entidades académicas e asociativas, Margo Russell era membro da American Numismatic Society (ANS), da American Numismatic Association (ANA) e da Royal Numismatic, de Londres, e recibira un diploma da Sociedade Numismática de México. Ademais, impartiu cursos e conferencias en institucións como o Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), a Universidade Purdue (Indiana) ou a Universidade Roosvelt (Illinois).
Logo da súa xubilación en 1985 creouse na súa honra a bolsa de estudos Coin World.
Margo Russell finou o 26 de xaneiro de 2015 en Sidney, Ohio. En 1946 contraera matrimonio con Marion W. Russel, que fora editor de The Sidney Daily News, con quen tivo dúas fillas. No ámbito numismático estadounidense Margo Russell era coñecida como "a primeira dama da numismática".
Nos meses de xullo e agosto de 2015, a biblioteca numismática de Margo Russel fora compondo ao longo da súa carreira foi vendida polos libreiros numismáticos Kolbe & Fanning en Gahanna, Ohio.
Recoñecementos
- (1971): Premio Clemy, do Gremio Literario Numismático (Numismatic Literary Guild -NLG-).
- (1975): Premio Farran Zerbe Memorial, da American Numismatic Association (ANA).
- (1986): Incluída do Salón da Fama da American Numismatic Association.
- (2004): Premio Burnett Anderson Memorial, a American Numismatic Association, da American Numismatic Society (ANS) e o Gremio Literario Numismático (Numismatic Literary Guild.
Notas
- ↑ "Margaret "Margo" Russell". www.cromesfh.com
- ↑ Orzano, M. (2015).
- ↑ "Margo Russell 1919-2015". En The E-Sylum. Vol. 18. Nº 5. 1 de febreiro de 2015.
- ↑ "Kolbe & Fanning to offer Margo Russell Library". En Coin Week. 2 de xullo de 2015.
- ↑ "Clemy Award". Numismatic Literary Guild.
- ↑ "ANA Service Awards". American Numismatic Association.
- ↑ "ANA Past Award Recipients". American Numismatic Association.
- ↑ "Numismatic Hall of Fame". American Numismatic Association.
- ↑ "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.
- ↑ "Margo Russell's Burnett Anderson Memorial Award Arquivado 02 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". Kolge & Fanning. Numismatic Booksellers.
Véxase tamén
Bibliografía
- Orzano, M. (2015). "Former Coin World Editor Margo Russell dies". En Coin World. 27 de xaneiro de 2015.
- "At NLG Bash, Margo Russell Remembered; CoinWeek Takes 6 Numismatic Literary Guild Awards Arquivado 02 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". En Coins Week. 16 de agosto de 2015.
- "Margo Russell: We Remember a numismatic legend and her legacy". En Coin World.
- "Margo Russell 1919-2015". En The E-Sylum. Vol. 18. Nº 5. 1 de febreiro de 2015.
Outros artigos
- Coin World