Marga Martín

Spanish politician
The basics

Quick Facts

IntroSpanish politician
PlacesSpain
isPolitician
Work fieldPolitics
Gender
Female
Politics:Socialist Party Of Galicia
The details

Biography

Margarita Martín Rodríguez é unha política galega, pertencente ao PSdeG, alcaldesa de Ourense de forma temporal en substitución de Francisco Rodríguez Fernández, dimitido tras os resultados da Operación Pokémon.

Traxectoria

Marga Martín foi elixida concelleira polo PSdeG nas eleccións municipais de 2003, que viviron o triunfo do Partido Popular. Nos comicios de 2007 repetiu na lista e resultou elixida concelleira. No goberno encabezado polo socialista Francisco Rodríguez Fernández encargouse da carteira de Servizos Sociais, competencia que mantivo con posterioridade ás municipais de 2011, onde figurou como número 2.

En setembro de 2012 o alcalde ourensán dimitiu como consecuencia da Operación Pokémon, e ela ocupou de forma interina a alcaldía. Era a primeira vez que unha muller ocupaba a alcaldía da cidade de Ourense na súa historia, se ben a concelleira do BNG Isabel Pérez substituíra como tenente de alcalde a Rodríguez en numerosas ocasións. Como alcaldesa en funcións asumiu tamén as competencias sobre Cultura, Turismo, Parques, Xardíns, Deportes, Mocidade e Vivenda, que recaían no BNG, e que foron reasumidas polo PSdeG logo de que os nacionalistas saísen do goberno municipal. aos quince días foi substituída polo novo alcalde escollido no pleno, Agustín Fernández Gallego.


Predecesor:
Francisco Rodríguez
 
Alcaldesa de Ourense
 
2012
Sucesor:
Agustín Fernández Gallego

Véxase tamén

Outros artigos

  • Eleccións municipais en Ourense
The contents of this page are sourced from Wikipedia article. The contents are available under the CC BY-SA 4.0 license.